Skip to Content

CURSO 2021/2022

CHARLA/ENCONTRO/CONFERENCIA CON XULIA PISÓN "DEBUXANDO O TEU CAMIÑO".

Desenvolveuse no Instituto o martes 6 de novembro a Charla/Encontro/Conferencia "Debuxando o teu camiño" coa ilustradora e debuxante Xulia Pisón.

 

 

Ao encontro con Xulia Pisón "Debuxando o teu camiño" asistiu o alumnado de Debuxo Artístico I de 1º de Bacharelato co seu profesor José Fernando Villaverde Landrove. A Charla foi organizada e coordinada pola profesora do Departamento de Lingua Galega e Literatura, Mar Hermida Pico. Na charla,moi interesante para o alumnado, puideron facerlle preguntas a XuliaPisón, e ela contoulles como con tesón e constancia se pode conseguir o que desexen, contando o seu propio exemplo; primeiro foi enfermeira e agora dedícase á súa paixón, o traballo como ilustradora.

Algúns datos da biografía de Xulia Pisón son:

Naceu na Coruña en 1985.

Ilustradora e debuxante de cómic. Cursou estudos de Ilustración na EASD Pablo Picasso. Recibiu o 1.º premio do Certame Xuventude Crea de BD de 2015. Editou o fanzine McCactus en 2015, e en 2016 publicou (∞-1) con Alita Cómics. Entre os traballos de ilustración que realizou destaca o cartel das Festas de María Pita da Coruña en 2017. Participa cunha historieta curta no volume Licor café.
Creadora do cómic Microalgas. O mundo oculto dentro do proxecto europeo EnhancedMicroAlgae que pretende divulgar o mundo das microalgas.

Aquí tedes outras fotografías do Encontro.

 

EXPOSICIÓN MES DA CIENCIA EN GALEGO.

CELEBRACIÓN DA EXPOSICIÓN DO MES DA CIENCIA EN GALEGO.

A exposición celebrouse a mediados de novembro de 2022 no Espazo Expositivo do centro e foi organizada, e coordinada, pola profesora do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Esther Suárez Boquete. Na exposición amosáronse diferentes e moi interesantes traballos do alumnado de 1º de ESO tanto de Bioloxía e Xeoloxía como de Promoción de Estilos de Vida Saudables.

"LIBRE COMA OS PAXAROS" TEATRO EN GALEGO NO FORUM PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO.

O alumnado de 3º de ESO do IES Monte das Moas asistiu o día 12 de novembro, no Forum Metropolitano, á representación teatral "Libre coma os paxaros" da Compañía Teatro do Atlántico.

A actividade ofertada polo Concello da Coruña no seu programa "Coruña educa" foi organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura, e coordinada pola profesora do mesmo Departamento Matilde Mosquera Lendoiro. Asistiu á representación teatral o alumnado dos catro gupos de 3º de ESO acompañado polas profesoras Matilde Mosquera Lendoiro, Mar Hermida Pico, Purificación Paino Rodríguez, Xulia Martínez Pedreira e Vanesa Solís Cortizas. 

CONFERENCIA "DO CORAZÓN DA MATERIA AO INTERIOR DAS ESTRELAS".

Desenvolveuse o luns 8 de novembro a conferencia "Do corazón da materia ao interior das estrelas", organizada polo Departamento de Física e Química do IES Monte das Moas e polo IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías), e coordinada pola profesora Hervilia Seco Lago, foi dada polo conferenciante, Daniel Fernández Fernández, para o alumnado de Ciencias de 2º de Bacharelato.

EXPOSICIÓN SOBRE O TROBADOR MARTÍN DE PADROZELOS.

EXPOSICIÓN DIDÁCTICA ITINERANTE COAS CANTIGAS, NOVE DE AMIGO E UNHA DE AMOR, DO TROBADOR MARTÍN DE PADROZELOS (finais do século XI-principios do século XII) celebrada no vestíbulo do Instituto entre os días 26 de outubro e 5 de novembro.

A exposición, visitada por todos os grupos e cursos do noso centro foi organizada polo Departamento de Lingua Galega do IES Monte das Moas, polos Equipos de Dinamización de Lingua Galega (EDLG), pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), e promovida e coordinada pola profesora do Departamento do IES Monte das Moas, Mar Hermida Pico.

Pódense ver algunhas fotos do cartel e paneis da exposición nos ficheiros adxuntos.

CONCURSO DE CARTEIS ARREPIANTES E DE TERROR. SAMAÍN 2021. ORGANIZADO POLA BIBLIOTECA

CELEBRACIÓN DO CONCURSO DE CARTEIS

ARREPIANTES E DE TERROR, E EXPOSICIÓN DAS

OBRAS PARTICIPANTES DO SAMAÍN 2021,

ORGANIZADO POLA BIBLIOTECA  DO IES MONTE

DAS MOAS.

Pódese ver unha escolma da participación do alumnado no Blog da Biblioteca do Instituto nesta páxina web, e observar a globalidade das obras presentadas na  EXPOSICIÓN DAS OBRAS PARTICIPANTES no ESPAZO DE EXPOSICIÓNS DO INSTITUTO.

O concurso tivo lugar ao longo do mes de outubro de 2021 cunha concorrida partipación de alumnado dos diferentes cursos do noso centro e cun nivel de calidade excelente nos traballos.

 

 Os traballos premiados nas diferentes categorías foron os

seguintes:

CATEGORÍA 1º/2º ESO: 

1º PREMIO:  Ángel Ariel Canchapoma Cuadrado (1º ESO B).

2º PREMIO: Alejandro Rodeiro Iglesias (1º ESO B).

CATEGORÍA 3º/4º ESO/1º/2º BACHARELATO:

1º PREMIO: Nerea Xenevra Caridad Bión (3º ESO D).

2º PREMIO: Sabela Pérez Regueira (3º ESO D).

MENCIÓN HONORÍFICA pola calidade do DEBUXO: Wilcen Samuel Piñero Pérez (3º ESO D).

 

A entrega de premios foi na Biblioteca o venres 5 de novembro ás 11:00, durante o recreo.

Moito ánimo e a preparar o próximo Samaín!!!!!!!!!!!!

VELAÍ TEDES UNHAS FOTOS DA EXPOSICIÓN...

Distribuir contido


by Dr. Radut