Hoxe, 19 de xaneiro, visitaron o noso instituto, e deron unha charla, dous profesores mozambiqueños, para o alumnado de Lingua Portuguesa de 2º de ESO. Estes profesores da Escola de xesuítas de Mozambique, relacionada co Colexio Santa María do Mar da Couña (vinculado aos xesuítas), Simiao Francisco e Amilton Bito, falaron cos alumnos de 2º de ESO de Lingua Protuguesa para contarlles como é a súa escola en Mozambique, que proxectos teñen en relación co colexio coruñés anteriormente mencionado, como é a educación en Mozambique e sobre diferentes aspectos da cultura mozambiqueña.
Aquí tedes un video elaborado pola profesora de Lingua Portuguesa Ana Isabel Martínez Fernández que resume a experiencia.
O venres 20 de xaneiro tivo lugar unha saída didáctica ás instalacións da planta regasificadora de Reganosa en Mugardos, organizada polo Departamento de Física e Química, para o alumnado de Física e Química de 1º de Bacharelato.
O venres 20 de xaneiro tivo lugar no Salón de Actos do noso centro unha charla sobre transplantes, organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, para o alumnado de Cultura Científica de 4º de ESO.
O alumnado de 3º de ESO realizou sendas visitas, organizadas polo Departamento de Xeografía e Historia, ao Arquivo do Reino de Galicia e ao Xardín de San Carlos na cidade vella da Coruña, os días 17 e 24 de xaneiro respectivamente. Na visita puideron coñecer as instalacións do arquivo, o labor de salvagarda dos documentos que se leva a cabo alí e os diferentes tipos de documentos que podemos atopar nesta institución.
O día 25 de xaneiro tivo lugar a visita do alumnado de Física de 2º de Bacharelato, organizada polo Departamento de Física e Química, ás instalacións da fábrica de Resonac (anteriormente Showa Denko) especializada na fabricación de electrodos de grafito na Coruña.
Os días 20 e 21 de decembro, o alumnado de 3º de ESO realizou sendas visitas ao porto da Coruña. A saída foi organizada polo Departamento de Xeogafía e Historia e o alumnado visitou diferentes infraestruturas portuarias.
O alumnado de TIC I de 1º de Bacharelato acudiu á Fundación Abanca da Coruña a unha visita, organizada polo Departamento de Tecnoloxía, á exposición "AI: MORE THAN HUMAN" sobre a evolución e progreso da Intelixencia Artificial no mundo actual.
O alumnado de Historia da Música e a Danza de 2º de Bacharelato realizou unha saída didáctica ao Pazo da Ópera da Coruña, organizada polo Departamento de Música, o día 16 de decembro, para acudir a un ensaio da OSG (Orquestra Sinfónica de Galicia) da Sinfonía nº3 en do menor, op.78 "Órgano" de Camille Saint-Saëns.
Ao longo dpo primeiro e segundo trimestres do curso tiveron lugar no Salón de Actos ou nas aulas do noso instituto ddiferentes charlas formativas e informativas do programa "A Ponte" da USC para o alumnado de 2º de Bacharelato e, nalgúns casos, tamén para alumnado de 1º de Bacharelato.
AS charlas foron as seguintes: "TALLER E CHARLA D3MOBILE: ESCANEADO 3D DE OBXECTOS REAIS CO MÓBIL/TÁBLET DOS ESCOLARES" con Juan Pedro Ortiz Sanz de ponente; "Enxeñaría civil máis aló da construción" con Carlos Núñez Temes de ponente; "Planifica o teu futuro. Como algunhas ferramentas da planificación estratéxica nos poden axudar na toma de decisións persoais" con Andrés Cernadas Ramos de ponente; "Economía azul para o futuro das zonas costeiras" con María de los Ángeles Piñeiro Antelo e María José Piñeira Mantiñán como ponentes; e "Dixitalización do agro galego" con Javier José Cancela Barrio como ponente.
O mércores 21 de decembro tivo lugar no Salón de actos do noso instituto unha charla, organizada polo Departamento de Orientación, para alumnado de 3º e 4º de ESO, e 1º e 2º de Bacharelato interesado en coñecer as posibilidades de formación académica e laboral que ofrecen as forzas armadas do Ministerio de Defensa de España.