Skip to Content

CURSO 2022/23

NOVO MURAL NA PORTA DA CAFETERÍA DO INSTITUTO OBRA DA ARTISTA LAURA ROMERO.

Neste mes de marzo de 2023, a artista gráfica Laura Romero acudiu ao noso instituto para elaborar un mural dentro do proxecto #unhamúsicanoinsti cun deseño de mulleres músicas que pintou na porta da cafetería do centro. Nel podedes ver a poeta e música Lucía Aldao, a cantante do grupo Leria, Magüi Berto, cantante das Ginebras e a música Hydn. Ademais mantivo unha charla cun grupo de 1º ESO e asinou o seu libro Ferreñas & Rock and roll no que ilustra diferentes músicas galegas e que podedes encontrar na Biblioteca do IES Monte das Moas.

SAÍDA DE ALUMNADO DE 2º DE ESO AO PAZO DA ÓPERA DA CORUÑA PARA UN ENSAIO DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA.

O xoves 13 de abril o alumnado de 2º de ESO  A, C e D realizou unha saída ao Pazo da Ópera da Coruña, para acudir a un ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia (Concerto para trompeta de Paquito D´Rivera; solista, Gabriela Ortiz), organizada polo Departamento de Música.

SAÍDA AO TEATRO DO ALUMNADO DE 4º DE ESO PARA VER A OBRA "CONTOS DE VELLOS PUNKIES PARA ENCARREIRAR A "MOCEDÁ" ".

O alumnado de 4º da ESO acudiu o venres 14 de abril ao teatro no FÓRUM da Coruña á representación "Contos de vellos punkies para encarreirar a "mocedá" " nunha actividade organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.

 

SAÍDA DIDÁCTICA AO PAZO DA ÓPERA DA CORUÑA DO ALUMNADO DE MÚSICA DE 4º DE ESO.

 

O xoves 23 de marzo realizouse unha saída ao Pazo da Ópera da Coruña, para acudir a un ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia (Carmen e L’ Arlesienne suites –selección- de Georges Bizet), organizada polo Departamento de Música.

CHARLA COA ESCRITORA ANA ALONSO.

O xoves 9 de marzo dous grupos de 2º ESO e un de 4º ESO puideron desfrutar no Salón de Actos dunha interesante charla coa escritora Ana Alonso, autora entre outros, da novela "El sueño de Berlín" que leu o noso alumnado da ESO.

Aquí podedes ver un video, realizado pola nosa compañeira Ana Isabel Martínez Fernández, responsable do EDLG, que resume a experiencia.

 

VISITA AO CASCO HISTÓRICO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E AO MOSTEIRO DE SAN MARTIÑO PINARIO DO ALUMNADO DE RELIXIÓN CATÓLICA DE 1º DE BACHARELATO.

O martes 21 de marzo o alumnado de Relixión Católica de 1º de Bacharelato disfrutou dunha saída didáctica, organizada polo Departamento de Relixión Católica, ao casco histórico de Santiago de Compostela e ao Mosteiro de San Martiño Pinario.

Aquí podedes ver na seguinte LIGAZÓN unha presentación do percorrido realizada pola nosa compañeira, Begoña Martínez Carballido.

 

SAÍDAS DIDÁCTICAS AO MUSEO CIENTÍFICO DA DOMUS DO ALUMNADO DE 3º DE ESO.

Durante os meses de marzo e abril tiveron lugar varias visitas, organizadas polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, do alumnado de 3º de ESO ao Museo científico da DOMUS da Coruña. Nas visitas o alumnado visitou as salas de exposicións e realizou unhas prácticas no Laboratorio de Fármacos.

 

 

VIAXE DE FIN DE CURSO DE 4º DE ESO A PORTUGAL.

Entre os días 12 e 19 de marzo tivo lugar a viaxe de fin de curso/etapa escolar de 4º de ESO. Con esta viaxe a Portugal recuperouse a normalidade deste tipo de viaxes, interrompida pola COVID-19.

Na viaxe o alumnado de 4º de ESO, acompañado polas nosas compañeiras, Margarita Fernández Iglesias, Purificación Paíno Rodríguez e Marta Tato Lago, e polo noso compañeiro, Míkel Iríbar López, visitou diferentes lugares e localidades de Portugal. Tomando como base a Costa Caparica, nos arredores de Lisboa, na visita percorreron cidades e vilas como Porto, Lisboa, Sintra, Cascais, Estoril ou Coimbra, e outros lugares de interese como a Serra da Arrábida ou a Boca do Inferno; tamén visitaron o Oceanario de Lisboa, o Palacio da Pena e a Quinta da Regaleira en Sintra, e un parque natural de árbores e aventuras.

CHARLA DO ESCRITOR PORTUGUÉS NUNO MATOS VALENTE.

O alumnado de Portugués de 1º, 2º e 3º da ESO asistiu no Salón de Actos do noso instituto á charla do escritor portugués de literatura infantil e xuvenil, Nuno Matos Valente, autor do libro “Bestiário Tradicional Portugués” que os/as alumnos/as len nas clases e do que deseñan exemplos de monstros e personaxes míticos portugueses.

 

Trala conversa co escritor, puideron xogar ao xogo de caza dos seres míticos que deseñou o profesor Gabriel André Caneda. Foron distribuídos por equipos e cos seus móbiles (que puideron utilizar por motivos didácticos) acudiron á caza de seres prodixiosos que estaban pola nosa escola.

 

A experiencia foi fantástica e o alumnado ficou a saber moito máis sobre estes seres do imaxinario portugués tan semellantes aos da cultura tradicional galega.

Aquí tedes un video elaborado pola profesora de Lingua Portuguesa e responsable do EDLG, Ana Isabel Martínez Fernández:

 

 

 

VISITA Á CIDADE MEDIEVAL ("CIDADE VELLA") DA CORUÑA DO ALUMNADO DE 2º DE ESO.

Ao longo do mes de marzo tiveron lugar diferentes saídas didácticas, organizadas polo Departamento de Xeografía e Historia, á "Cidade Vella" (cidade medieval) da Coruña, onde o alumnado dos diferentes grupos de 2º de ESO, escoitou as explicacións que os guías do Concello da Coruña, e da Escola de Turismo da Coruña, lles deron sobre os principais espazos e monumentos desta parte da nosa cidade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut