Skip to Content

CURSO 2022/23

ACTUACIÓN DE DIJO 4, GRUPO INSTRUMENTAL DO IES MONTE DAS MOAS, NO CENTRO ÁGORA DA CORUÑA EN COLABORACIÓN CO CEIP EMILIA PARDO BAZÁN NA ADAPTACIÓN TEATRAL DO BOSQUE ANIMADO.

O extraordinario grupo instrumental do noso instituto, Dijo 4, que forma parte do programa de EDUEXCELENCIA do noso instituto, dirixido polo noso compañeiro Juan José Dios Cañada actuou, con enorme éxito, o día 2 de xuño,  no Centro Ágora da Coruña, en sendas sesións matutina e vespertina, nunha fermosa colaboración co CEIP Emilia Pardo Bazán na adaptación teatral da obra "O bosque animado" de Wenceslao Fernández Flórez.

 

 Aquí tedes unha ligazón a un artigo da Opinión da Coruña que fai referencia á obra.

SAÍDA DIDÁCTICA PARA O ESTUDO DUN SISTEMA INTERMAREAL.

O alumnado de 4º de ESO de Bioloxía e Xeoloxía realizou o xoves 1 de xuño unha saída didáctica a Santa Cruz para o estudo dun sistema intermareal. A actividade estivo organizada polos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e de Lingua Galega e Literatura do noso instituto.

 

EXPOSICIÓN "O CAMIÑO DOS FAROS".

Nos meses de maio e xuño estiveron expostos no Espazo expositivo do noso centro os diferentes traballos realizados polo alumnado de 1º e de 3º de ESO sobre o "Camiño dos Faros"; estes traballos están relacionados co Plan de Formación Permanente do Profesorado, onde se traballou este tema. Nos traballos déronse explicacións en folletos sobre as características deste extraordinario roteiro e realizáronse espectaculares maquetas de diferentes faros da nosa costa que protagonizan este camiño.

 Aquí tedes un video realizado pola nosa compañeira Ana Isabel Martínez Fernández sobre estes traballos:

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA BICICLETA.

Os días 23 e 30 de maio de 2023 celebráronse, con gran entusiasmo entre o alumnado participante, diferentes actividades en conmemoración do Día da Bicicleta. Nestas actividades, teóricas e prácticas, participou o alumnado de 1º de ESO. As actividades estiveron organizadas e coordinadas polo Departamento de Orientación, polo noso compañeiro Quique García Debén, pola sección de Seguridade Vial da Policía Local da Coruña, por Protección Civil da Coruña e por monitores dun clube ciclista local. Nas actividades do día 23 de maio impartíronse talleres de mecánica e manexo de bicicletas, e de educación vial teórica. O día 30 tivo lugar un roteiro ciclista pola nosa cidade ata a zona da Torre de Hércules. Á volta do roteiro houbo unha parada na Praza de María Pita, onde se celebraba o Día da Policía Local. 

 

 

 

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS EN CONMEMORACIÓN DO 28 DE MAIO: DÍA MUNDIAL DA NUTRICIÓN.

No mes de maio estiveron expostos, no Espazo Expositivo do centro, diferentes traballos do alumnado de 3º de ESO, nunha actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, que versaban sobre os pratos de Harvard, as dietas saudables, investigacións sobre vitaminas, etc., para conmemorar o día 28 de maio, Día Mundial da Nutrición.

CERIMONIA DE GRADUACIÓN DA PROMOCIÓN 2017-2023 DE 2º DE BACHARELATO.

O acto de celebración da Graduación da Promoción 2017-2023 do IES Monte das Moas tivo lugar o venres 19 de maio, ás 17:30 no Salón de Actos do noso Instituto, coa presenza do alumnado de 2º de Bacharelato da devandita promoción 2017-2023, as familias deste alumnado, o profesorado do alumnado de 2º de Bacharelato e outros profesores actuais e pasados do noso centro, o persoal non docente, e representantes da ANPA.

O programa do acto foi o seguinte:

·        

PEZA MUSICAL INICIAL (“GAUDEAMUS IGITUR”*) CORRESPONDENTE COA ENTRADA DO ALUMNADO (por parellas).

·        

DISCURSO DA DIRECTORA DO IES MONTE DAS MOAS (María Teresa Díaz Valiña).

·        

PEZA MUSICAL (“CERO de Dani Martín*).

·        

DISCURSO DO REPRESENTANTE DO  PROFESORADO DO IES MONTE DAS MOAS (Luis Martínez Lago).

·        

PEZA MUSICAL (“MI GRAN NOCHE” de Salvatore Adamo*).

·        

DISCURSO DO REPRESENTANTE DE 2ºA (Juan José Vila Trinidad).

·        

BREVE PEZA TEATRAL DA COMPAÑÍA RAFALBERTO (Rafael Alonso Pica e Alberto Fachado Estévez).

·        

DISCURSO DO REPRESENTANTE DE 2ºB (Adrián López Espiñeira).

·        

PEZA MUSICAL COMPOSTA E INTERPRETADA PARA A CERIMONIA POR Xabier Gómez Romero (alumno de 2ºC).

·        

DISCURSO DOS REPRESENTANTES DE 2ºC (Dante Fernández Antelo e Juan Manuel Pérez Rodríguez-Moret).

·        

VIDEO CONMEMORATIVO DO ALUMNADO DA PROMOCIÓN 2017-2023 (realizado por Anxos Fuciños Calle).

·        

ENTREGA DE ORLAS E IMPOSICIÓN DE BANDAS AO ALUMNADO POR PARTE DOS TITORES DO CURSO, DUNHA PROFESORA DO CURSO E DA DIRECTORA DO IES MONTE DAS MOAS  (María de la Vega Arcos Martínez entrega a 2ºA; Margarita Fernández Iglesias entrega a 2ºB; e Jorge Núñez Lodeiro entrega a 2ºC; a Directora, María Teresa Díaz Valiña entrega aos tres grupos ).

·        

PEZA MUSICAL DE DESPEDIDA DO ACTO (“We’re all in this together da película High School Musical”*).

·        

ÁGAPE NO PATIO DO INSTITUTO.

*PEZAS MUSICAIS INTERPRETADAS POLA BANDA DO INSTITUTO “DIJO CUATRO” COORDINADA E DIRIXIDA POR Juan José Dios Cañada.

 

**PRESENTADORES DO ACTO DE GRADUACIÓN: Celia Calderón Iglesias (2º A) e Dante Fernández Antelo (2ºC).

 

Aquí tedes o enlace para acceder ao video da promoción:

LIGAZÓN

Aquí tedes unha selección de fotografías da cerimonia e o ágape posterior: 

 

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

O xoves 18 de maio, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, tivo lugar unha foliada no vestíbulo do Instituto, organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura. Na animada foliada, organizada pola nosa compañeira Mar Hermida Pico e polo noso compañeiro Alberto Docampo Barreiro, á que asistiu en primeira instancia o alumnado de 1º de ESO, e, despois alumnado doutros cursos, cantaron os cantareiros irmáns Lago Hermida, Simón e Xoel,e as nosas alumnas cantareiras, Irene Pereiro Varela, Vera Martínez Rodríguez, Carolina Rey Valeiro, sabela Ares Dopico e Marta Lamas Castro; e bailaron os nosos compañeiros, Alberto Docampo Barreiro e Alberte Castro Romero, e as nosas alumnas, Carmen López Bocija, Selene Antelo Ares, Carmela Taboada Rodríguez e Noa Vila Orizales.

SAÍDA DIDÁCTICA DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN DIXITAL DE 3º DE ESO Á EXPOSICIÓN PROXECTO POLAROID.

O día 5 de maio o alumnado de Educación Dixital de 3º de ESO acudiu, na Fundación Barrié de la Maza da Coruña, á exposición "Proxecto Polaroid", nunha visita organizada polo Departamento de Tecnoloxía.

Aquí tedes algunhas das características desta exposición:

A Fundación Barrié acolle, en primicia para España, a exposición Proxecto Polaroid: Na intersección da arte e a tecnoloxía, comisariada por William Ewing; Barbara Hitchcock; Deborah G. Douglas; Rebekka Reuter e Gary Van Zante da Foundation for the Exhibition of Photography e o MIT Museum.

 A mostra comprende máis de 300 pezas, entre as que se conta material gráfico elaborado con toda a gama de papel e películas Polaroid e coas que se abarca unha produción artística que vai desde a década de 1940 ata os nosos días. Prototipos, modelos, papel e películas experimentais, debuxos técnicos e material relacionado integrarán o lado técnico da exposición.

Algúns dos nomes representados son: Ansel Adams; André Kertész; Sandi Fellman; Peter Beard; Dennis Hopper; George Silk; Richard Hamilton; Bill Eppridge; Shelby Le Adams; Fazal Sheikh; Chuck Close; Philippe Halsman; Guy Bourdin; William Wegman; Edward Steichen; Andy Warhol ou Robert Mapplethorpe.

A exposición foi organizada pola Foundation for the Exhibition of Photography, Minneapolis/New York/Paris/Lausanne e o MIT Museum, Cambridge, Mass., en colaboración coa Fundación Barrié.

SAÍDA DO ALUMNADO DO CLUBE DE LECTURA "APRENDENDO A CONVIVIR" AO CENTRO DE TURISMO ECUESTRE "O VENTOSO" NA LARACHA E POSTERIOR COMIDA NO IES MONTE DAS MOAS.

O día 16 de maio tivo lugar unha saída didáctica do alumnado de 1º de ESO pertencente ao clube de lectura "Aprendendo a convivir" ao Centro de Turismo Ecuestre "O Ventoso" da Laracha, organizada polo Departamento de Orientación. Posteriormente tivo lugar unha comida do grupo do clube de lectura no IES Monte das Moas.

Aquí tedes unha galería de fotos desta actividade.

ESTREA DA OBRA TEATRAL DO GRUPO DE TEATRO DO IES MONTE DAS MOAS, TELÓN DE AQUILES: "DOS ÑAQUES PARA UN PIOJO".

O martes 16 de maio estreouse, perante un público composto por alumnado de 2º  e 3º de ESO, e de 1º de Bacharelato, no salón de actos do IES Monte das Moas a última peza teatral representada polo grupo de teatro do instituto, "Telón de Aquiles", co acompañamento musical do grupo instrumental do IES Monte das Moas, "Dijo 4". Trátase de "Dos ñaques para un piojo"  e é unha adaptación da obra de Sanchís Sinisterra "Ñaque o de piojos y actores".

 Uns días máis tarde, o venres 26 de maio, de novo no Salón de Actos do noso instituto, perante alumnado de 2º e de 4º de ESO volveu repetirse a representación, que foi gravada en video para a súa participación no certame teatral do Concello da Coruña.

Este é o proxecto escénico, dirixido polos nosos compañeiros Rafael Alonso Pica e Juan José Dios Cañada, co que os dous grupos do Programa de EDUEXCELENCIA do noso centro, Telón de Aquiles e Dijo 4, colaboran e se presentan á Mostra de Teatro Escolar 2022-23 do Concello da Coruña e ao XXIV Certame de Teatro escolar e afeccionado da Deputación da Coruña.

Ademais é unha proposta didáctica para viaxar aos séculos de ouro coa inspiración no diálogo de Rojas Villandrado no seu " Viaje entretenido", escrita en 1603. Dous actores, agrupación coñecida coma ñaque, dialogan e fabulan facendo século tras século o único que saben facer: Actuar.

Os protagonistas deste proxecto escénico son os seguintes:

Actores e actriz: Antonio Canosa, Álex Atán, Renata Pía e Anthony Rivas.

Músic@s: Tomás Fernández, Simón Lago, Alejandro Rodeiro, Rubén Sánchez,Ramón Fernández, Brais Fernández, Carmen López, Xoel Lago, Candela López, Adrián López, Manuel Maceiras, Paula Rodeiro e Alberte Díaz.

Tecnic@s: Dana Viñán, Daniel Collazo e Julia Ramil.

Directores: Rafael Alonso e Juan Dios. 

 

Aquí tedes un video elaborado pola nosa compañeira Ana Isabel Martínez Fernández que reflicte a estrea da obra :

 

Distribuir contido


by Dr. Radut