Skip to Content

CURSO 2022/23

CHARLAS DE SOS RACISMO PARA 3º DE ESO.

Durante o mes de decembro de 2022 tiveron lugar sendas charlas da ONG SOS RACISMO para concienciar ao alumnado de 3º de ESO sobre ditas problemáticas.

Debemos lembrar que entre os principais fins que persegue SOS RACISMO están:

  • Loitar contra calquera forma de discriminación por razón de cor de pel, de orixe, de cultura ou relixión para lograr unha sociedade xusta e libre de prexuízos e estereotipos.
  • Difundir valores, actitudes e prácticas para que a poboación recoñeza, acepte e normalice o carácter pluricultural e multirracial da sociedade galega, e valore positivamente a riqueza socioeconómica que achega a diversidade e a interculturalidade.
  • Favorecer a integración sociolaboral do colectivo inmigrante residente en Galicia.

FESTA DE NADAL PARA RECADAR CARTOS PARA A VIAXE DE FIN DE CURSO DE 4º DE ESO.

O xoves 22 de decembro tivo lugar no noso centro unha festa de Nadal para recadar fondos para a viaxe de fin de curso de 4º de ESO. Na festa o alumnado de 4º de ESO vendeu diferentes larpeiradas e viandas á comunidade escolar, e se desenvolveu a fase final dun torneo de fútbol sala, culminado cun emocionante partido entre o equipo vencedor do torneo do alumnado e unha selección do profesorado. 

 

ACTUACIÓN DO GRUPO DE MÚSICA DO INSTITUTO "DIJO CUATRO" NA ESCOLA INFANTIL DOS ROSALES NO PROXECTO "UN VIAJE EN EL TIEMPO".

O grupo instrumental do Instituto "Dijo Cuatro", en colaboración con Afaco e coa Escola Infantil dos Rosales, actuou o luns 19 de decembro na Escola Infantil dos Rosales dentro da primeira parte do Proxecto “Un viaje en el tiempo”. No proxecto o grupo instrumental do noso Instituto, dirixido polo profesor do Departamento de Música, Juan José Dios Cañada, coordinador do programa de Edu Excelencia do noso centro (Grupo de Música "Dijo Cuatro"e Grupo de Teatro "Telón de Aquiles", en colaboración co profesor de Lingua e Literatura Española, Rafael Alonso Pica), interpretou diferentes panxoliñas e pezas musicais vinculadas coas lembranzas das persoas usuarias de Afaco que estiveron no encontro dos avós e  avoas de Afaco e os  neniños e neniñas da Escola Infantil dos Rosales.  

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE 1º DE ESO DAS LECTURAS DE GALEGO DA 1ª AVALIACIÓN.

O Departamento de Galego realizou, no Espazo Expositivo do centro, unha exposición cos traballos desenvolvidos polo alumnado de 1º de ESO en relación coas lecturas traballadas no primeiro trimestre do actual curso 2022-2023.

 

CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL.

O EDLG convocou  ao final deste primeiro trimestre un concurso de postais de Nadal multilingüe para os grupos de 1º e 2º ESO. O alumnado coordinado polas súas titoras ou polo profesorado de Lingua Galega e Linguas Estranxeiras elaborou postais de Nadal que decoraron as aulas ou que se expuxeron no espazo expositivo do centro e na árbore de Nadal da biblioteca. As postais constaban de debuxo e texto en galego, francés, inglés ou portugués. Cada alumno/a escribiu unha postal personalizada para outro/a compañeiro/a da clase e decorou a postal con debuxos de Nadal.

 

Aquí tedes unha escolma delas e un video realizado polo EDLG:

 

 

CANTOS DE NADAL NO MONTE DAS MOAS

CANTOS DE NADAL NO MONTE DAS MOAS 

Un curso máis, dirixidos pola profesora do departamento de Lingua Galega e Literatura, Mar Hermida Pico,desenvolveuse, o día 22 de decembro de 2022, por todos os espazos e aulas do noso centro a fermosa actividade dos Cantos de Nadal e Reis, Nadaliñas e Panxoliñas. débese destacar a magnífica harmonía vogal do alumnado que interpretou estes cantos, tendo en conta ademais a enorme xuventude dos intérpretes.

 

 

VISITA Á DOMUS DO ALUMNADO DE QUÍMICA DE 2º DE BACHARELATO

VISITA Á DOMUS DA CORUÑA DO ALUMNADO DE QUÍMICA DE 2º DE BACHARELATO

 O mércores 07/12/2022, nunha actividade organizada polo Departamento de Física e Quimica, tivo lugar a visita do alumnado de Química de 2º de Bacharelato á Domus da Coruña. Na saída o noso alumnado puido aprezar as salas de exposicións, pero sobre todo puido disfrutar na súa visita da Sala de Fármacos deste museo científico.

 

 

 

 

 

 

ÁRBORE DE NADAL DO ALUMNADO DE QUÍMICA DE 2º DE BACHARELATO

O alumnado de Química de 2º de Bacharelato baixo a supervisión da profesora Hervilia Seco Lago deseñou esta fermosa e orixinal árbore de Nadal relacionada co universo da Química

 

 

 

 

 

 

 

VISITA AO MUNCYT DE 1º DE ESO

 

 O alumnado de 1º de ESO do noso centro visitou nos meses de decembro e xaneiro en dúas quendas as instalacións do MUNCYT  nunha actividade organizada polo Departamento de Tecnoloxía.

Os monitores do MUNCYT dirixiron a visita ás diferentes salas do museo nas que o alumnado puido observar diferentes obxectos, aparellos e máquinas. Na sala Maiúscula, observaon o derradeiro proxector que funcionou no cine París da Coruña, o primeiro acelerador de partículas de España, unha lente que estivo na Torre de Hércules, os primeiros ordenadores de IBM, un alambique e unha locomotora, entre outros. 

Na sala Patrimonio puideron ver obxectos tan curiososos coma os biberóns romanos. Na sala Miscelánea, leváronos a ver os robots e instrumentos físicos e químicos moi curiosos coma un parafuso de Arquímedes ou mecheiros bunsen. Na sala de Innovación española, puideron ver as caricaturas dos inventores/as españoles/as e investigar sobre algúns deles nas pantallas informativas. Alí tamén aprezaron algún dos seus inventos como o motor de diésel de Eduardo Barreiros ou unha maqueta do submarino de Isaac Peral.

O alumnado puido acceder á cabina do avión Lope de Vega, o boeing 747 que no ano 1981 fixo o seu primeiro voo e transladou o Guernica dende Nova York a Madrid. Previamente os monitores explicaron as características e equipamentos que tiña e os materiais dos que estaba construído.

As derradeiras salas que se visitaron  foron exploradas dunha forma máis lúdica, xa que na sala do século XX xogaron a unha especie de xincana na que, grazas a unha serie de pistas, tiñan que ir atopando os obxectos que se describían (antigas lavadoras, sistemas de fichaxe no traballo, motos, ambientadores de cine, etc.).

A última sala, dedicada aos elementos da táboa periódica, era a máis interactiva de todas, con diversos videoxogos que puxeron a proba tanto as destrezas como os coñecementos químicos do alumnado.

 

 

 

 

 

CONMEMORACIÓN DO 25N "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" NO CURSO 2022-2023 NO IES MONTE DAS MOAS

 25N " Día contra a violencia de xénero"

 

NO MES DE NOVEMBRO DE 2022 EN

CONMEMORACIÓN DO 25N "DÍA

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

DESENVOLVÉRONSE DIFERENTES

ACTIVIDADES, PROMOVIDAS E

REALIZADAS POLO EQUIPO DA

BIBLIOTECA, O EDLG, OALUMNADO,

O PROFESORADO E O PERSOAL

NON DOCENTE DO NOSO INSTITUTO TALES COMO

SESIÓNS FOTOGRÁFICAS,

VIDEOMONTAXE, SELECCIÓN DE

LECTURAS E UNHA EXPOSICIÓN

CULMINADA CUN GRAN CARTAZ

VIOLETA CONTRA A VIOLENCIA DE

XÉNERO.

EN TODAS ESTAS ACTIVIDADES

AMOSOUSE O ABSOLUTO

REXEITAMENTO DA NOSA

COMUNIDADE ESCOLAR CONTRA

AVIOLENCIA DE XÉNERO E AS SÚAS

CONSECUENCIAS. 

 DEBEMOS FELICITAR (E

AGRADECER) ESPECIALMENTE POLO

GRAN E ENORME TRABALLO

REALIZADO NO DESEÑO E

REALIZACIÓN DESTAS

ACTIVIDADES

DA CONMEMORACIÓN DO 25N NO

NOSO INSTITUTO A ANXOS

FUCIÑOS, ANXO BRAÑAS,

MARGARITA FERNÁNDEZ E ANA

ISABEL MARTÍNEZ

 

Distribuir contido


by Dr. Radut