Skip to Content

LINGUA GALEGA 1º ESO A

Ola rapaces e rapazas!! Como vos vai co confinamento? Supoño que aos que vivides nunha casa mellor que aos que viven nun piso. Ben, por aquí tamén se vai levando como se pode.

Envíovos un arquivo coas solucións das actividades que mandara ata agora. Corrixídelas e se tedes algunha dúbida, enviádeme un correo.

Ademais para esta semana (30-3), mándovos algo máis. Isto é o que tedes que facer

  • Repasar/estudar os verbos regulares que están ao final do libro.
  • Ler a teoría da páxina 144 (o xénero lírico 2).É repetición do que estabades vendo en castelán.
  • Facer as actividades 1, 3 e 7.

 

Non vos preocupedes polo traballo, facédeo con calma. Hai tempo de traballar e de descansar. Á volta de Semana Santa volvemos a estar en contacto.

Unha aperta virtual (aínda que prefería dárvola en directo)

Isolina

LEMBRADE: TEDES ACTIVIDADES DE TODAS AS MATERIAS EN TRES SITIOS: NA WEB (lingua por exemplo), NA AULA VIRTUAL E NOS BLOGS.

CALQUERA DÚBIDA: correotitora@gmail.com

AdxuntoTamaño
SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES SEMANA 16.pdf215.6 KB


story | by Dr. Radut