Skip to Content

Física e química

Charla de Física Re-creativa

O pasado xoves 15 de febreiro o alumnado de 1º de Bacharelato de ciencias disfrutou dun obradoiro espectacular titulado "Física Re-creativa: Luz e Cor" a cargo do Catedrático, do Departamento de Física Aplicada, da UVigo D. José Benito Vázquez Dorrio.

FcaRe-creativa_1

Día da Ciencia en Galego

Co gallo do Día da Ciencia en Galego, o EDL e o Club de Ciencia Colmeiro organizan:

PILUCIENCIAS

O II Concurso de Vídeos de Ciencia en Galego en 90 segundos.

 

A que esperas para facer o teu vídeo!

Club de Ciencia Colmeiro

Xa están en marcha as actividades do Club de Ciencia Colmeiro!

Durante este mes de outubro estivemos a traballar no Proxecto RECICLHORTA, que se iniciou durante o curso pasado.

As actividades realizadas foron as seguintes:

Premio ao alumnado "Petiscos de Ciencia"

O alumnado de ciencias participante no concurso Petiscos de Ciencia , convocado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da USC, e asesorados polas profesoras Begoña e Marta, recibiu o venres 20 de maio o certificado que os galardoa como finalistas do citado concurso. Parabéns.

Visita ao Muncyt

O xoves 7 de Abril, o alumnado de ciencias de 4º de ESO visitou o MUCYT na Coruña. Neste museo puideron ver equipamento científico, avíons, motores, ... e participar nunha actividade sobre erros científicos nas películas. Deixamos un compendio de fotos no seguinte enlace.

Conferencia: "Gastronomía molecular: Reaccións Químicas na Cociña"

O luns 4 de Abril, o profesor do departamento de Química Orgánica da USC impartiu unha excelente charla sobre algunhas reaccións e procesos que teñen lugar nos alimentos ou no noso corpo. Deixamos algunhas fotografías no seguinte enlace.

Exposición da RAGC

Durante dúas semanas estivo a exposición de científic@s galegas no IES. Agradecer a RAGC que nos deixase a exposición sen coste algún. Deixamos tamén un enace a web vida no colmeiro.

Charla de óptica

O día 16 de marzo o alumnado de 2ª de bacharelato de ceiencias e o alumnado do club de lectura de ciencias disfrutou dunha espectacular charla de óptica a cargo do catedrático da UVigo J. Benito Vázquez.

Visita ao CIQUS

O pasado 11 de Marzo, o alumnado de 1º de bacharelato tivo a oportunidade de visitar o CIQUS. Puideron ver as instalacións, realizar experimentos e falar con investigadores punteiros no eido da Química.

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia II

A nosa compañeira de Física e Química Marta Aguirre, xunto co seu alumnado, veñen de mostrarnos uns pósters de científicas galegas ilustres para conmemorar este día. Excelente traballo.

Distribuir contido


by Dr. Radut