Ola rapaces e rapazas! Pasoume Begoña o traballo que tedes que realizar ata final de curso. Está moi ben explicado no arquivo, polo tanto... mans á obra!
Envío esta nota para que miredes o correo electrónico. Alí ides ter desta vez un arquivo con actividades de repaso. Descargádelo e gardádelo. Como está en Word, podedes escribir nel. Cando o teñades completado, volvedes enviarmo. Xa tedes nel todas as indicacións. Nos próximos días informareivos de como imos rematar o curso en todas as materias.
Ola rapaces e rapazas!! Como vos vai co confinamento? Supoño que aos que vivides nunha casa mellor que aos que viven nun piso. Ben, por aquí tamén se vai levando como se pode.
Envíovos un arquivo coas solucións das actividades que mandara ata agora. Corrixídelas e se tedes algunha dúbida, enviádeme un correo.
Ademais para esta semana (30-3), mándovos algo máis. Isto é o que tedes que facer