Skip to Content

TRABALLO LINGUA GALEGA 1º ESO (B e C) - 4ª ENTREGA

Ola mozos e mozas! 

Proximamente estará á vosa disposición na web do centro a adaptación da programación, no apartado  " Programacións /maio 2020". Mirade o punto 2 que trata sobre a avaliación e a cualificación.

Debedes comunicárllelo ás vosas familias.

A continuación envíovos as tarefas para as vindeiras semanas.   

 

Repasar a Gramática e a Ortografía

Este días aproveitade para repasar, que ben nos cómpre!

Nestas ligazóns tedes todo tipo de exercicios con autocorrección. Non fagades trampas porque non vén a nada.

Cada un que faga aqueles que considere que lle son máis necesarios. Se algún vos resulta complicado pasade a outro, tedes onde escoller.

 

ESTES EXERCICIOS SON PARA FACER POLA VOSA CONTA. ANIMÁDEVOS !!!

 

Repasade a Ortografía:

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/ortografia.htm

 

E a Gramática :

. O substantivo e o adxectivo:

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/subs_adx.htm 

http://aprendogalego.com/apgal_fin/2-Substfin/o_substantivo_definicin_e_clasificacin.html

https://gl.wikibooks.org/wiki/Curso_de_lingua_galega/O_substantivo/O_x%C3%A9nero

https://gl.wikibooks.org/wiki/Exercicios_de_morfosintaxe_en_lingua_galega/substantivo/X%C3%A9nero 

http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_sub_01.html?orix=mor&tema=mor_sub_01.html 

http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_adx_01.html?orix=mor&tema=mor_adx_01.html

 

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Os alumnos ou alumnas que teñades actividades sen entregar tedes que enviarmas ao correo antes do 22 de maio

 

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

- Ficha de repaso (Ver arquivo)

Tedes que enviarma ao correo antes do 29 de maio.

 

 

Tamén vos convido a que visualicedes no youtube o "Telexornal do CPI Os Dices sobre Carvalho Calero", escritor ao que está dedicado este ano o Día das Letras Galegas. Esta é a ligazón:

https://www.youtube.com/watch?v=o-LfGDiXTOY


Un saúdo.

AdxuntoTamaño
FICHA DE REPASO . SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO. (Acentuación e formación do plural).doc15.1 KB


story | by Dr. Radut