Skip to Content

Xa dispoñedes da portada da web para publicar! A enchela de contido...

Finalmente conseguín habilitar o permiso para que poidades publicar na portada da web. A enchela de contido! Agora cando lle deades á opcións de publicación aparecerá unha que é "promocionar á páxina principal" e xa aparecerá automaticamente na portada da web. Por favor tede en conta:

  1. Sede coidadosos co formato das letras, non copiedes e peguedes directamente do Word, escribide directamente no espazo reservado ou copiade e pegade no bloc de notas (isto quita os formatos) e logo volvede a copiar e pegar desde o bloc de notas.
  2. Non escribades todo en maiúsculas, xa que moitos poden entender que estades berrando.
  3. Un formato único dalle uniformidade e imaxe corporativa.
  4. Mirádeo primeiro na Vista previa e logo cando xa vos guste Enviar.

Para calquera dúbida contades coa axuda de Xosé Rodríguez (xrodriguez@edu.xunta.es) que pode adicar os 50 minutos que ten reservados á semana para resolver calquera cuestión. 



story | by Dr. Radut