Skip to Content

Alberto Coto, o campeón mundial de cálculo mental, virá ao Colmeiro

Alberto Coto é o campeón mundial de cálculo mental. Natural de Lada de Langreo (Asturias) e licenciado en Ciencias do Traballo, ten 9 medallas e ouro, 2 de prata e 3 de bronce en torneos e olimpiadas mundiais de cálculo. É quen de realizar 6 operacións por segundo e así o demostra o  seu récord de sumar 100 díxitos en 17.04 segundos. Tamén é o autor de varios libros de pedagoxía matemática e de potenciación da mente. Un deles é "Desarrolla tu agilidad mental". Vainos deixar exemplares dese libro no centro para quen os queira comprar. Velaquí un adianto do que os alumnos de 1ºA, 1ºB e 3ºA poderán gozar o vindeiro xoves 22 de novembro ás 12:50. Non esquezades a calculadora!



story | by Dr. Radut