Skip to Content

Aberto o prazo para a licitación do servizo de cafetaría

O Consello Escolar do IES Pintor Colmeiro acordou habilitar un prazo para que todas as persoas físicas ou xurídicas teñan opción a presentar as súas propostas para optar á explotación e á xestión do servizo de cafetaría do IES Pintor Colmeiro no ano académico 2013-2014.

As condicións de acceso á concesión poden consultarse no documento anexo DOC 001 - PROPOSTA FOLLA ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS, CONDICIÓNS E ANEXOS. As propostas de explotación deberán ter en conta o devandito documento e ateranse ao esquema e ás consideracións recollidas no documento anexo DOC 002 - CRITERIOS DE VALORACIÓN.

Os/As licitadores/as que desexen tomar parte neste procedemento presentarán a documentación administrativa e técnica necesaria que se detalla nos puntos 6.4.1, 6.4.2 e 6.4.3 do documento DOC 001 - PROPOSTA FOLLA ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS, CONDICIÓNS E ANEXOS.

A documentación presentarase en sobre pechado nas oficinas do IES Pintor Colmeiro antes das 13:00 horas do día 05 de xullo de 2013.

AdxuntoTamaño
DOC 001 - PROPOSTA FOLLA ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS, CONDICIÓNS E ANEXOS.pdf529.44 KB
DOC 002 - CRITERIOS DE VALORACIÓN.pdf230.15 KB


story | by Dr. Radut