Skip to Content

Adxudicación do servizo de cafetaría

No pasado mes de xuño fíxose público un acordo do Consello Escolar polo que se habilitaba un prazo para que todas as persoas físicas ou xurídicas tivesen opción a presentar as súas propostas para optar á explotación e á xestión do servizo de cafetaría do IES Pintor Colmeiro no ano académico 2013-2014.

O Consello Escolar decidiu constituír unha comisión para xestionar o proceso de licitación. Na data de hoxe tivo lugar unha sesión de traballo na que, unha vez completada a valoración e realizado o baremo dos catro proxectos presentados, se acordou adxudicarlle a explotación e a xestión do servizo de cafetaría do IES Pintor Colmeiro no ano académico 2013-2014 a dona María Dolores Pereiro Taboada.



story | by Dr. Radut