Skip to Content

Convenio de colaboración

O IES Pintor Colmeiro e a empresa PCE-Intruments establecen un convenio de colaboración polo que  PCE-Ibérica doa instrumental óptico e unha estación meteorolóxica ao centro educativo para a elaboración de prácticas de laboratorio e para a participación do noso centro no programa Meteoescolas dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia.

 

O microscopio PCE USB PCE-MM 200 mostra obxectos en tempo real con até 200 aumentos na pantalla do computador. O catro LEDs do microscopio iluminan desde todos os ángulos o obxecto investigado co microscopio de forma excelenEstación meteorolóxica  PCE-FWS 20te, conseguindo unha imaxe clara e brillante. 

A estación meteorolóxica PCE-FWS 20 permite detectar de forma precisa a dirección do vento, a velocidade do vento, a temperatura, a humidade relativa e a pluviosidade. Ademais ten a posibilidade de activar diferentes funcións de alarma na estación meteorolóxica (velocidade do aire, presión atmosférica, etc.). O porto USB, que inclúe o cable USB, permítelle transmitir os datos da estación meteorolóxica a un PC ou portátil. Estes datos van acompañados da data e hora para poder analizalos en períodos de tempo máis longos. Pode memorizar os valores meteorolóxicos de forma ilimitada. O software de análise permítelle analizar e comparar a flutuación meteorolóxica mediante gráficos e diagramas.



story | by Dr. Radut