Skip to Content

Prazas vacantes para o 2014-2015 [ESO e bacharelato]

O pasado 12 de febreiro comunicamos que a Consellería de Cultura, Educación e O.U. viña de publicar o anuncio do inicio do procedemento de admisión do alumnado de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato para o curso 2014-2015 [prema aquí para acceder a esa información].

As vacantes que oferta o noso centro en ESO e bacharelato para o curso 2014-2015 son as seguintes:

-1º ESO: 16 prazas (10 ordinarias + 6 para necesidades específicas de apoio educativo [NEAE]). Rexistramos 44 reservas de alumnado procedente dos centros adscritos.

-2º ESO: 16 prazas (hai 44 alumnos/as con matrícula en 1º de ESO no curso 2013/14)

-3º ESO: 13 prazas (hai 47 alumnos/as con matrícula en 2º de ESO no curso 2013/14)

-4º ESO: 15 prazas (hai 45 alumnos/as con matrícula en 3º de ESO no curso 2013/14)

-1º BAC: 34 prazas (hai 32 alumnos/as de 4º de ESO que manifestan a vontade de cursar 1º de bacharelato no 2014-15)

-2º BAC: 29 prazas (hai 37 alumnos/as con matrícula en 1º de bacharelato no curso 2013/14)

 

Lembramos que o alumnado que estea matriculado no IES Pintor Colmeiro neste curso ten garantida a súa permanencia nel para cursar ensinanzas de ESO ou bacharelato [artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro]. En consecuencia, non terá que presentar ningunha documentación.



story | by Dr. Radut