Skip to Content

O IES Pintor Colmeiro recibe o premio Proxecto Didáctico Antonio Fraguas

O instituto Pintor Colmeiro de Silleda foi recoñecido co premio Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, organizado polo Museo do Pobo Galego. O proxecto A Paisaxe Lendaria e Toponímica do Concello de Silleda, redactado polo profesor lalinense Xoán Carlos García Porral, permitiulles alzarse cos 7.000 euros do galardón, na categoría de Educación Secundaria. A idea, que deberá desenvolverse ao longo do curso 2014-15, céntrase na investigación da orixe dos nomes de lugares, prados, camiños ou fontes do concello, a través de lendas ou de explicacións que contan os máis maiores. O resultado desta investigación poderá verse en Google Maps. Así mesmo, publicaranse un libro e un CD, que incluirá as entrevistas que leven a cabo todos os alumnos de secundaria e bacharelato que participen. Recolleron o premio o director do instituto Suso Fernández e o profesor García Porral.



story | by Dr. Radut