Skip to Content

Axudas para a adquisición de material escolar [2015-2016]

Publicada no DOG de hoxe a Orde do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

-Ensinanzas e cursos aos que afecta. 

A convocatoria de material escolar diríxese ao alumnado matriculado en calquera curso de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

Estas axudas son compatibles coas destinadas á adquisición de libros de texto (Orde do 22 de maio de 2015, DOG do 1 de xuño). 

- Requisitos para acollerse a esta convocatoria 

a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.

b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 

c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

- Prazo de solicitude 

A convocatoria establece un único prazo para presentar as solicitudes: un mes, contado dende o día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no DOG. 

Inicio do prazo: 02.09.2015 

Fin do prazo: 01.10.2015

-Renda per cápita. 

Considerase a renda per cápita da unidade familiar no exercicio fiscal do 2013 (igual que na axuda para libros de texto).

-Contía da axuda. 50 € por alumno/a.

Nos adxuntos podes acceder ao contido íntegro da Orde 25/08/2015 e ao modelo de solicitude. Tamén podes cumprimentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia [aquí].

 

AdxuntoTamaño
OR 25-08-15 - Convocatoria axudas material escolar 15-16.pdf822.44 KB
Impreso de solicitude.pdf145.95 KB


story | by Dr. Radut