Skip to Content

Segunda convocatoria de axudas para material escolar [2015-2016]

Publicada no DOG do 10 de novembro a Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16 [ver arquivo adxunto].

  • O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16, que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a dita axuda, resultase excluído por unha causa emendable.
AdxuntoTamaño
OR 06-11-11 - Segunda convocatoria axudas material escolar.pdf834.16 KB


story | by Dr. Radut