PARABÉNS AO ALUMNADO DO IES POLITÉCNICO DE VIGO QUE ACADOU A MEDALLA DE OURO NAS SKILLs 2021

O pasado venres día 8 de outubro celebráronse as probas correspondentes ás competicións das  SKILLs 2021. Como resultado das mesmas acadaron a medalla de ouro os seguintes alumnos do centro:

 

-Manuel Antonio Alonso Álvarez, na modalidade de Instalacións eléctricas

-Antonio Manuel Presas Rodríguez, na modalidade de Mecanizado 

Este alumnado participará agora na fase estatal da competición.

Parabéns ao alumnado así como aos profesorado titor e expertos/as polo seu bo traballo e excelentes resultados.

 

 

Fai clic na imaxe para ver máis fotos 

 

Proxecto ERASMUS+KA2 2021: ARVETI 4.0.

 

A pasada semana do 13 o 17 de setembro, os profesores do IES Politécnico de Vigo, Miguel A. López e Teresa Prado, estiveron na vila de Luino (Italia) formando parte do proxecto ERASMUS+KA2 2021: ARVETI 4.0.

Este proxecto versa sobre a “Realidade Virtual e Aumentada no ámbito da industria 4.0”. Tratase dun proxecto internacional no que colaboran os centros BBS de Osnabrück (Alemaña), RocFreisePoortSneek (Países Baixos), Vocational College Tredu di Tampere (Finlandia), ISIS Cittá di Luino - C. Volonté (Italia) e o IES Politécnico de Vigo.

A reunión celebrada, TPM1 (Transnational Project Meeting), formou parte da preparación da seguinte mobilidade LTTA1 (Learning, Teaching and Training Activities) que se celebrará a finais de novembro en Alemaña, e na que xa se desprazará tamén alumnado do noso centro. Dita reunión foi a primeira do proxecto e tivera que ser adiada pola pandemia. Finalmente, grazas a mellora da situación sanitaria e da vacinación púidose celebrar.

Nas seguintes ligazóns pódense consultar uns artigos da prensa local italiana facendo eco da noticia.

https://www.luinonotizie.it/2021/09/14/da-germania-olanda-spagna-e-finlandia-a-luino-docenti-insieme-per-sviluppo-e-futuro/342672

https://www.varesenews.it/2021/09/luino-primo-giorno-scuola-allisis-parte-lerasmus/1377814/

 

VII CONCURO DE MICRORRELATOS XUVENIL E HAIKUS

Sira Garrido Rodríguez, alumna de 3º ESO, recibe o Premio do xurado na categoría de 14 a 16 anos polo microrrelato "Lonxe de min e preto"

 

O Presidente da Xunta e o Conselleiro de Educación visitan o IES Politécnico

O Presidente da Xunta e o Conselleiro de Educación visitan o IES Politécnico de Vigo para facer o seguimento da reconstrución da maqueta sobre a ordenación de Vigo  proxectada polo arquitecto Antonio Palacios. Esta maqueta formará parte dunha exposición que se inaugurará no mes de setembro no Museo do Mar de Galicia (Vigo), e no que participa o centro a través do profesor Javier Fondevila e os  alumn@s Sabela Fernández e Antonio Presas do departamento de Fabricación Mecánica.

 

 

Bolsas Erasmus+ Ciclos Superiores

Bolsa Erasmus+ Ciclos Medios

PROXECTO INNOVA DUN AEROXERADOR DOMÉSTICO DE ALTO RENDEMENTO

Unha idea, un reto, unha equipa, moita adicación, compromiso e moito traballo, empeza a dar os seus froitos.

 

Xa queda pouco para rematar o proxecto de INNOVA.

 

 

 

 

PROGRAMAS ERASMUS + "CONVIDA A UN EXPERTO/A A TUA AULA - CICLOS MEDIOS E SUPERIORES FP

Dentro dos PROGRAMAS ERASMUS+ que temos para o noso Instituto, abrimos unha nova convocatoria do programa CONVIDA A UN EXPERTO/A A TUA AULA. Calquera profesor que imparta docencia nun CICLO SUPERIOR O MEDIO  DE FP   pode convidar a un TÉCNICO/A ou ESPECIALISTA dunha empresa ou institución doutro pais (paises da Unión Europea e algúns outros), para impartir unhas charlas ou experiencias sobre o que traballa ou é experto. O prazo quedará aberto ata o venres 7 de maio de 2021, ás 24:00 h.

Cada departamento conta inicialmente cunha BOLSA para poder convidar a un especialista dunha empresa a dar charlas no centro mantendo os obxetivos do programa: mellorar a formación do alumnado e/ou docentes.

As mobilidades dos convidados podes facerse antes de rematar o curso, antes de rematar o ano 2021, ou antes d0 30 de maio de 2022.

Poden tramitarse 'on line' na web de ERASMUS+ do IES POLITECNICO DE VIGO. O enlace é o seguinte: 'CONVIDA UN EXPERTO'
<https://erasmuspolitecnico.wixsite.com/erasmuspolitecnico/acerca-de-2>.

  

28 de abril día Mundial da Seguridade e Saúde No Traballo

No día Mundial da Seguridade e Saúde no traballo, o  alumnado do Ciclo de prevención de Riscos Profesionais que está a facer a FCT na empresa CIVIS GLOBAL,  propóñennos un reto para poñer a proba a nosa cultura preventiva .

Grazas Betina Conde e Jorge Álvarez, alumnado do IES Politécnico de Vigo e grazas a  Beatríz Fernández, titora na empresa CIVIS GLOBAL  do noso alumnado.

  (16) GAMIFICACION COMO METODO DE PARTICIPACION EN LA PRL | LinkedIn

 

Novo Horario de Atención Orientación Profesional - Laboral

Neste último trimestre do curso tedes que tomar decisións acerca do voso futuro académico e profesional. Toda a información de FORMACIÓN PROFESIONAL podes atopala neste servizo.

Déixovos o NOVO horario de atención .PLANIFICA O TEU FUTUR0!!!

 

 

 

"Muller malferida" Performances de 2º BACH coa materia Estética do 15 de marzo

Fai clic na imaxe para ver máis fotos

 

Obradoiro DRAG KINGS! Luns 8 Febreiro

Convocatoria Aberta de solicitude de BOLSAS ERASMUS+ para alumando de Ciclos Superiores

A REUNIÓN INFORMATIVA se celebrará na AULA D1 (zona de EDIFICACIÓN E OBRA CICIL) o XOVES 17 de DECEMBRO

de 2020 ás 11:30 h para o alumnado de mañá, e ás 19:20 h para o alumnado de tarde.

 

Distribuir contido