Práctica de Extinción de Incendios Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais

O noso alumnado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais aprenderon a extinguir os distintos tipos de lumes nunha formación en SEGANOSA.

Obradoiro Primeiros Auxilios Ciclo Prevención de Riscos Profesionais

 

A asociación de voluntarios  VODEA  durante  o curso 2021-2022 impartiu obradoiros  de primeiros auxilios na ESO, bacharelato e ciclos formativos, rematando  o curso co   Ciclo de Prevención de Riscos profesionais.

Dar as grazas á Asociación porque  un ano mais puidemos contar con eles .

Déixovos un vídeo feito por Isabel Rodríguez, profe de emerxencias do Ciclo de Prevención de Riscos Profesionais.

 

Comprometidos coa seguridade!!

 

 

 

 

EXPOSICIÓN ESTEREOSCOPÍA

Estades todos convidados á exposición sobre fotografía estereoscópica, ou fotografía 3D, que temos montada na entrada do Instituto. Nela podedes ver o traballo de investigación que fixemos en Física e Química de 4º de ESO sobre fotografía estereoscópica, construimos diversos estereoscopios e fotos 3D que podedes gozar gracias as lentes 3D que tamén elaboramos. Nos paneis podedes disfrutar de máis información usando os códigos QR. Agardamos que vos guste.

foto

Os estudantes de Vigo aprenden sobre a realidade aumentada en Alemaña

O proxecto "Realidade Aumentada para a Educación e a Formación Profesional na Industria 4.0", financiado por Erasmus+, está liderado pola escola BBS Osnabrück Brinkstrasse de Alemaña e reuniu a estudantes de cinco países diferentes, entre eles cinco estudantes do IES Politécnico de Vigo.

 

 

CALENDARIO DA ABAU 2022

 Aquí tedes o  calendario completo da ABAU 2022 publicado pola CIUG.

 

CLASES SEN FUME 2022

CLASES SEN FUME 1º ESO A 2022

CLASES SEN FUME 1º ESO B 2022

CLASES SEN FUME 2º ESO A 2022

CLASES SEN FUME 2º ESO B 2022

 Estas son as actividades creativas do Proxecto Clases Sen Fume

do curso 2021-2022 no que participaron alumnano e orientación e titoría

dos cursos 1ºA ESO, 1ºB ESO,  2ºA ESO, 2ºB ESO

 

Instrucións para a admisión en Arte Dramática 2022/2023

 

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática para o curso 2022/23

  

▷ Requisitos para estudiar arte dramático, ESAD RESAD - Alberto Arroyo

                                              

   INSCRICIÓNS NAS ENSINANZAS                                              

  • Ata ao 23 de maio de 2022 si accedes a través de proba de madurez.
  • Ata ao 23 de xuño se accedes con bacharelato, proba universidade maiores de 25 anos grao o equivalente

  CALENDARIO

 Calendario probas de acceso  ESADG

 

LIGAZÓNS

 

Instrucións de acceso ós Estudos Superiores de Deseño 2022/2023

 Arte-Casellas.-Clases-preparación-prueba-específica-acceso-presencial-y-online.-Estudios-Superiores-y-Grado-superior-de-diseño.-Videoconferencia.-Sevilla.Carmen-Ocaña-3

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2022/23

INSCRICIÓN NAS ENSINANZAS:

  • Ata ao 23  de maio  2022 si accedes a través de proba de madurez
  • Ata ao 23 de xuño se accedes con bacharelato, proba universidade maiores de 25      años, grao o equivalente

¨  ESCOLAS DE ARTE EN GALICIA:

CALENDARIOS

LIGAZÓNS

 

28 DE ABRIL DIA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO

 

O Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo promove a prevención dos accidentes e as enfermidades profesionais en todo o mundo. O Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo 2022 céntrase en potenciar o diálogo social cara a unha cultura da seguridade e a saúde.

O alumnado e  o profesorado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Laborais do IES Politécnico convidámosvos a conmemorar este día lembrando a todas as persoas traballadoras falecidas neste ano en Galicia por mor do traballo.

A nosa compañeira Isabel Rodríguez preparounos un vídeo para  conmemorar o 28 de Abril do 2022.

Actuar xuntos para crear unha cultura de seguridade e saúde no traballo positiva"

 

 

 

Portas Abertas Telemáticas Escola de Arte Dramática de Galicia

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia organiza unhas Xornadas de Portas Abertas (telemáticas) o 5 de maio de 2022, para informar sobre a nosa oferta educativa nas diferentes titulacións de grao:

 

Dirección escénica e dramaturxia

Escenografía

Interpretación

Información e inscrición

www.esadgalicia.com

 

Xornadas de Portas Abertas 2021/22

AS NOSAS MEMORIAS Nahir Álvarez Monzón

Este proxecto forma parte da actividade realizada na materia Debuxo Artístico II de 2º de Bacharelato A | B | G, durante o período de Prácticas Externas do Mestrado Universitario en Profesorado. Especialidade: Arte (Debuxo).

AS NOSAS MEMORIAS

Florencio Delgado Gurriarán O poeta do exilio

Charla impartida por Ricardo Gurriarán Rodriguez para o alumnado do IES Politécnico de Vigo

 

 Fai clic na imaxe para ver máis fotos

 

 

Un proxecto do IES Politécnico de Vigo entre os máis innovadores do país

O proxecto no que participa o IES Politécnico de Vigo foi seleccionado na Convocatoria de Axudas Dualiza de CaixaBank Dualiza e a Asociación de Centros de Formación Profesional FPEmpresa como un dos trinta máis innovadores a nivel nacional.  O proxecto denomínase FPNaranja, e a profesora Mónica Rodríguez Nieto é participante nel de xeito colaborativo con  tres profesores máis de centros educativos de Castela A Mancha, Madrid, e Canarias. 
FPNaranja busca traballar a xestión emocional, dotando ao alumnado das ferramentas necesarias para afrontar os retos que terán no mundo académico e laboral.
Podedes seguirnos nas redes, somos @fpnaranja

Distribuir contido