Admisión e matrícula - ciclos formativos (medio e superiores) - cursos de especialización - FP Dual

 Proceso de admisión e matrícula   -  ciclos formativos (medio e superiores)  -  cursos de especialización - FP Dual

Sorriso Prema aquí para obter a información e enlaces do proceso de admisión e matrícula

Premios do Concurso Xuvenil de Fotografía Matemática 2023

 

Primeiro premio de bacharelato: Marlon Blandón Bouzada,

primeiro premio de terceiro da ESO:  Hugo Blanco Piñeiro,

e primeiro premio de primeiro da ESO: Nicolás Rodríguez Lago

 

Marlon Blandón xunto á súa obra "Espiral de Teodoro na natureza":

 

Preme na foto para ver máis

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN ABAU CURSO 2023-2024

Aquí tedes publicados os PARÁMETROS DE PONDERACIÓN de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ENSINANZAS OFICIAIS DE GRAO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA ACCESO AO CURSO 2023-2024

Obradoiro de ECO PERCUSIÓN co alumnado de 2º ESO

Fai clic na imaxe para ver máis fotos e video

 

28 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO

 

En xuño de 2022 a Conferencia Internacional do Traballo decidiu incluír "unha contorna de traballo seguro e saudable" no marco de principios e dereitos fundamentais no traballo da OIT. O 28 de abril de 2023, a OIT celebrará esta decisión.

O Departamento de FOL únese á celebración e baixo o lema de "Seguridade e Saúde un compromiso común" convocou a profesionais da seguridade e saúde dos sectores produtivos mais representativos da nosa contorna, para explorar, co noso alumnado de Formación Profesional, o tema dunha contorna de traballo  seguro e saudable  como principio e DEREITO FUNDAMENTAL no traballo.

 

Visita do Alumnado de Edificación e Obra Civil ao CIFP SOMESO

ALUMNADO DE CS PROXECTOS EDIFICACIÓN - CS PROXECTOS OBRA CIVIL VISITOU O MÓDULO BIOCLIMÁTICO "A VIEIRA" NO CIFP SOMESO (A Coruña)

O pasado 16 de febreiro o alumnado dos ciclos superiores de Edificación e Obra Civil participou nunha actividade do Contrato - Programa Innova organizada polo Departamento de Edificación e Obra Civil xunto co Departamento de FOL co obxeto de coñecer a bioconstrución como unha alternativa sostible. 

No CIFP SOMESO (A Coruña) visitamos o Módulo Bioclimático Experimental  "A Vieira" e participamos nunha charla impartida por soci@s fundadores da cooperativa Habitat Social o que nos permitiu coñecer unha experiencia cooperativa que constrúe baixo os criterios de sustentabilidade. 

LTTA2 Meeting of the ARVETI 4.0 ERASMUS+KA2 Project

O IES Politécnico de Vigo esta a participar no proxecto #Arveti 4.0 Erasmus+ "Augmented Reality in vocational education and training in the context of Industry" liderado pola BBS Brinkstraβe Vocational College in Osnabrück (Germany).

VISITA AS INSTALACIÓNS DA AXENCIA GALEGA DE EMERXENCIAS (AXEGA)

O alumnado do CS PREVENCIÓN RISCOS PROFESIONAIS visitou o pasado xoves 16 de marzo as instalacións da Axencias Galega de Emergencias ubicadas en A Estrada acompañados do seu titor Juan Pablo Gómez Torres e da profesora do módulo de Emerxencias, Isabel Rodríguez Pérez. Esta visita permitiunos coñecer de primera man a importante labor tanto do Centro Integrado de Atención as Emerxencias (CIAE -112) como do Grupo de Apoio Loxístico Intervención agradecendo a súa colaboración co noso centro. 

VI CONCURSO XUVENIL DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

fai clic na imaxe para descargar a bases do concurso

 

Conmemoración 8 de marzo. ROMARÍA FEMINISTA

 

 fai clic na imaxe para ver máis 

 

EXPECTATIVA E REALIDADE DA REFORMA LABORAL

O venres, 17 de marzo, estará no Politécnico  Javier de Cominges Cáceres, falaranos da Reforma Laboral e os seus efectos. Por descontado MOI

INTERESANTE.

 

ALUMNADO DE CICLOS PARTICIPA NO II "FORO TALENTO Y EMPLEO"

Durante os días 7, 8 y 9 de febreiro, o noso alumnado de FP básica, Ciclos de grao medio e superior participaron nos diferentes obradoiros e

charlas organizadas polo II "Foro Talento y Empleo" no Auditorio Mar de Vigo co fin de mellorar a súas habilidades na procura activa do emprego e no

emprendemento. 

Distribuir contido