Actividades Ciclos Formativos

Xornadas-vehículo eléctrico e híbrido

27/09/2023 11:00
27/09/2023 11:00
Europe/Madrid

DEPARTAMENTO DE ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA - ERASMUS+

XORNADAS SOBRE VEHÍCULO ELÉCTRICO E HÍBRIDO

DÚAS QUENDAS: DE 10:00 A 11.30 E DE 17:00 A 17:30

LTTA2 Meeting of the ARVETI 4.0 ERASMUS+KA2 Project

O IES Politécnico de Vigo esta a participar no proxecto #Arveti 4.0 Erasmus+ "Augmented Reality in vocational education and training in the context of Industry" liderado pola BBS Brinkstraβe Vocational College in Osnabrück (Germany).

LTTA1 Meeting of the ARVETI 4.0 ERASMUS+KA2 Project

A semana do 8 o 14 de maio, os profesores do IES Politécnico de Vigo, Miguel A. López e Teresa Prado, acompañados de 5 alumnos do centro, estiveron na vila de Hüde cerca do lago Dummer (Alemaña) continuando co proxecto ERASMUS+KA2 2021: ARVETI 4.0.

grupo en krone

Proxecto ERASMUS+KA2 2021: ARVETI 4.0.

 

A pasada semana do 13 o 17 de setembro, os profesores do IES Politécnico de Vigo, Miguel A. López e Teresa Prado, estiveron na vila de Luino (Italia) formando parte do proxecto ERASMUS+KA2 2021: ARVETI 4.0.

Este proxecto versa sobre a “Realidade Virtual e Aumentada no ámbito da industria 4.0”. Tratase dun proxecto internacional no que colaboran os centros BBS de Osnabrück (Alemaña), RocFreisePoortSneek (Países Baixos), Vocational College Tredu di Tampere (Finlandia), ISIS Cittá di Luino - C. Volonté (Italia) e o IES Politécnico de Vigo.

A reunión celebrada, TPM1 (Transnational Project Meeting), formou parte da preparación da seguinte mobilidade LTTA1 (Learning, Teaching and Training Activities) que se celebrará a finais de novembro en Alemaña, e na que xa se desprazará tamén alumnado do noso centro. Dita reunión foi a primeira do proxecto e tivera que ser adiada pola pandemia. Finalmente, grazas a mellora da situación sanitaria e da vacinación púidose celebrar.

Nas seguintes ligazóns pódense consultar uns artigos da prensa local italiana facendo eco da noticia.

https://www.luinonotizie.it/2021/09/14/da-germania-olanda-spagna-e-finlandia-a-luino-docenti-insieme-per-sviluppo-e-futuro/342672

https://www.varesenews.it/2021/09/luino-primo-giorno-scuola-allisis-parte-lerasmus/1377814/

 

Recepción do Presidente da Xunta de Galicia ao alumnado, titores e centros que participaron nas Spain Skills 2019.

Hoxe tuvo lugar na residencia oficial do Presidente da Xunta de Galicia, unha recepción ao alumnado, titores e centros que participaron no concurso Spain Skills 2019. Por parte do centro acudiron o alumno David Ucha Pérez, o seu titor Javier Fondevila eo director do centro Euloxio Santos

Workshop de alumnos de Formación Profesional de la Berufsbildende Schulen Osnabrück Brinkstraße y de ARI del Politécnico de Vigo

 

Project: Programming and commissioning of a 3-axis I4.0 models

From Saturday 9th to the 22nd of March 2019

 

 

 

 

MEDALLA DE PLATA NAS SPAINSKILLS 2019 PARA O IES POLITÉCNICO DE VIGO

Parabens ao alumno David Ucha Pérez do Ciclo superior de programación da producción en fabricación mecánica  e o seu titor Javier Fondevila Blanco, polo éxito acadado na competición Spainskills 2019 celebrada durante a semán  pasada en Madrid., ao acadar a medalla de plata na categoría de CNC Fresado.

 

PREMIO DON BOSCO AO MELLOR TRABALLO DE PROXECCIÓN SOCIAL AO IES POLITÉCNICO DE VIGO

Durante a 32ª Edición do premio Don Bosco  cuxa competición celebrouse durante os días 12 a 15 de marzo en Zaragoza resultou galardonado no apartado ao mellor traballo de proxección social un equipo do IES Politécnico de Vigo.

O equipo estaba formado polos alumnos do CM de instalación electrotécnicas e automáticas: José Luis Rodríguez Louro e Iván Sánchez Santos do CM de instalación electrotécnicas e automáticas e titorizados polo profesor do centro Luis Dieguez González.

O traballo gañador é o control dunha casa domótica a distancia para persoas con discapacidade a través da plataforma Arduino

A ceremonia foi clausurada pola delegada do gobernó en Aragón. Carmen Sánchez.

Euroskills Budapest 2018

Raúl Fernández Lorenzo do CS Programación da produción en fabricación mecánica, gañador do último SpainSkills 2017 na modalidade de CNC-Torneado e Fresado, está nestes días na competición Europea Euroskills 2018 en CNC-Milling (CNC-fresado), acompañado polo profesor de fabricación mecánica Javier Fondevila. Desde o IES Politécnico de Vigo animámosche para que nos volvas a traer outra medalla.

Veña a por ela!!!

 

Distribuir contido