Skip to Content

Eventos - Filtro:

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Marzo 22, 2018 »
Xov

Aplaudimos unha vez máis a publicación de Lambda, revista de curiosidades científicas e matemáticas que nos achega Macías, profesor do departamento de Matemáticas e colaborador do Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega e do equipo de Biblioteca. Démosvos a coñecer o 1º número no primeiro trimestre. Desta volta, atrénos xa no primeiro artigo un xogo que nos leva á infancia e que agora volve andar polas rúas e polas casas nas mans da rapazada: o cubo de Rubik. E hai máis, claro! a teoría de grafos, os primos de Mersenne, a tráxica vida de Evarist Galois e unha presada de divertimentos matemáticos!

Tan necesaria a divulgación científica en galego! 

Podedes vela neste enlace.

Aplaudimos unha vez máis a publicación de Lambda, revista de curiosidades científicas e matemáticas que nos achega Macías, profesor do departamento de Matemáticas. Démosvos a coñecer o 1º número no primeiro trimestre. Desta volta, atrénos xa no primeiro artigo un xogo que nos leva á infancia e que agora volve andar polas rúas e polas casas nas mans da rapazada: o cubo de Rubik. E hai máis, claro! a teoría de grafos, os primos de Mersenne, a tráxica vida de Evarist Galois e unha presada de divertimentos matemáticos!

Tan necesaria a divulgaciñon científica en galego! 

 

 

Escoitar, falar, expresar, conversar, latricar, cantar, bailar, argumentar, debater, dialogar, atender... Canto disto é preciso recuperar nunha sociedade dominada polas tecnoloxías? Os tempos, os espazos... Cantas referencias? Cantos camiños perdidos? Mais... e as canles abertas? As novas posibilidades que poden enriquecer as nosas vidas? Como vivir e convivir nesta sociedade en transformación?

Onda ti! Semana Cultural da Comunicación. Unha semana na que o IES de Porto do Son estará ONDA TI. Porque...Onda ti Son, onda ti medro, onda ti sinto, onda ti aprendo...!

Do 3 ao 9 de abril. Aquí vos deixamos o programa. Enviaremos ás casas o tríptico, pero tamén podedes descargar o pdf.

Agradecemos a colaboración da ANPA, da Concellería de Emprego e Xuventude do Concello de Porto do Son, da Mancomunidade de Montes de Baroña e de todas e todos aqueles (ponentes, avós,profas e profes, persoal non docente e alumnado que a fará posible).

Estades convidados a achegarvos polo centro!

Os do ciclo somos de aproveitar o que ven. Este inverno veu cargadiño de neve, asi que mochilas ó bus xunto cos ciclos de Gondomar e Arteixo, e nos desprazamos ata Pajares (Asturias). Estas saídas son complicadas de organizar, 3 institutos, 3 ciclos, con profes diferentes pero moito mais enriquecedoras para o alumnado e profes do complicada que pode ser a súa xestión. Os/as alumnos/as fixeron esqui, snown, dirixiron xogos, e intentamos que se achegaran un pouco mais o rol que lles toca, o de TÉCNICOS.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut