Skip to Content

Complementarias

A XUVENTUDE E OS SEUS PROBLEMAS. PROGRAMA CON-CIENCIA. GALP

01/05/2019

Este luns, dentro do programa Con-Ciencia, o alumnado de 2º de ESO, charlou con Carlos Varela Ulla, pedagogo, especialista en xestión cultural e educador social. Con el falaron do presente e do futuro, sobre como se ven e sobre como se queren ver cando sexan adultos. Reflexionaron. Pensaron no camiño. Na responsabilidade que eles mesmos teñen sobre si mesmos e sobre o entorno. Ben interesante!!!

Esta sesión, prevista para o 8 de maio, reemprazou á de "Muller do mar. A gobernanza", que se celebrará nesa data. 

 

RIFAS PARA AS EXCURSIÓNS A ALVARELLA E ONS: NÚMERO PREMIADO

27/04/2019

 

Este é o número premiado no sorteo da ONCE de onte. A persoa que teña a rifa que teña o número que coincida cos 4 últimos números será a que se leve como premio unha estupenda TENDA DE CAMPAÑA PARA 3 PERSOAS! 

Lembrade que caduca aos 15 días! 

Agradecemos moitísimo a colaboración da ferretería Melchor, do supermercado Jefama de Portosín, da óptica Seráns e da ANPA!

     

Hoxe, Carolina Romero, antiga alumna do centro, achegouse a recoller o premio!!!! PARABÉNS!!! VÉN XA O BO TEMPO PARA DISFRUTALA!!!

 

 

O VÍDEO DA SEMANA CULTURAL 2018. A SOSTIBILIDADE.

13/04/2019

O vídeo da Semana Cultural. O tema a Sostibilidade. O lema: “Vemos, ouvimos e lemos. Não podemos ignorar”, un verso de Sophia de Mello Breyner. E como non podemos ignorar, pensamos que é posible mudar o mundo a través da educación. E facelo en comunidade é un dos mellores camiños.

Imos facendo comunidade: a OMIX do Concello de Porto do Son, a ANPA, un grupo de nais que están a implicarse nas actividades, a Comunidade de Montes de Baroña, Protección Civil de Porto do Son, Mariño del Río, Antonio Veiras do Servizo de Medio Ambiente, @s ponentes, o profesorado e... POR SUPOSTO, o alumnado co seu bo facer e a súa ilusión. Uns días un pouco máis alá do currículum, ou..., no currículum da vida e do compromiso!

Agora, un descansiño.BOAS VACACIÓNS!

 

La Voz de Galicia compartiu a nosa Semana Cultural:

CON SANDRA BECERRA, DA CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO

22/03/2019

Onte Sandra Becerra, da Cámara de Comercio de Santiago, impartiu para o ciclo unha charla sobre emprendemento, dentro do ciclo de actividades organizadas polo departamento de Economía. 

 

SONDOSON, O GRUPO DE TEATRO DO IES, NOS ENCONTROS CAIXAESCENA 2019

12/03/2019

 

O grupo de teatro do noso centro, dirixido pola profesora Ánxela Doval, foi seleccionado para participar nos Encontros Caixa Escena celebrados en Vigo, na Escola Superior de Artes Escénicas de Vigo. Dende o venres 8 ata o domingo ao mediodía, asistiron a unhas intensas xornadas de formación con alumnos e alumnas de grupos de teatro de centros de Panxón, Coruña, Lugo, Asturias e Madrid. Unhas xornadas ben interesantes que non esquecerán e que mellorarán as súas producións! 

Podedes ler máis sobre a actividade no blog da biblioteca.

 

PEARES, INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

12/03/2019

Durante tres días, os alumnos de Bioloxía Bilingüe de 3ºESO estiveron completamente inmersos na lingua de Shakespeare no campamento Centropeares, nos Peares, en Ourense. Nesta fermosa vila conflúen os dous ríos máis grandes de Galicia, onde o Sil se encaixona antes de verter as súas augas no Miño. 

Os monitores propuxéronlles unha serie de actividades, algunhas máis académicas e outras máis deportivas, co fin de mellorar a súa competencia lingüística en inglés. E si, segungo a profesora da materiia que organizaou a saída, a inmersión funciona!

 

 

CÁSTING PARA "TI VERÁS EN RELIXIÓN"

11/03/2019

O alumnado de Relixión de Bacharelato do noso IES inicia os preparativos para o concurso que está a organizar e que se realizará na semana cultura: “Ti Verás en Relixión” e faino cun casting de concursantes!

  

 

OBRADOIRO DE RADIO BIBLIO CON PONTE NAS ONDAS

Onte estiveron connosco Xerardo e Damián, de Ponte nas ondas, dentro do programa de formación de Radio na Biblio. Alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO (boa parte do club de lectura), e un grupo de profes que os acompañaban, formáronse onte como técnicos de radio. 

Foi moi interesantes e divertido! Agora toca ir facendo novos programas dende Biblio, Normalización, os departamentos, os grupos de alumnos!

Máis no blog da biblio!

 

 

 

ÉXITO NO 1º CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

26/02/2019

Excelente participación dos nosos rapaces e rapazas no 1º Campionato Provincial de Campo a  Través para centros educativos celebrado no Estadio Municipal de fútbol de Noia, á que chegaron tras a clasificación na fase intercomarcal celebrada no Loreto

Os resultados obtidos foron fantásticos! Primeiros por equipos en categoría masculina cadete e cun destacado segundo posto na clasificación individual de Alejandro Vázquez Calo. As rapazas, terceiras por equipos na categoría cadete. 

Parabéns!!!

   

A NOSA AULA DE XOGOS!!!!

23/02/2019

Curso 2016-17. Un proxecto: facer un estudo do consumo enerxético do centro. Propoñer medidas de aforro. Levalas a cabo e…voilá! Aforramos! O esforzo daqueles alumnos e alumnas e do profesorado implicado reverteu no centro!

Ana Dapena, a nosa compañeira, sacou adiante unha promesa ilusionante: crear no centro un espazo para eles. Desta volta, son  tamén outros mozos e mozas os que están a axudar a facer desta aula un lugar acolledor. Un lugar que sintan como propio. Un espazo onde o lecer se transforme en valores, en convivencia.

Aínda non está rematada, pero mirade que bonita e que bo ambiente! Parabéns!!! 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut