Francés

Celebrando o Día de Europa

Desayunando en París.

 

Máis fotos 

Profesores por un día

A semana do entroido os rapaces de 4º ESO ensinaron os de 1º ESO as partes do corpo e as cores coa profesora Vanessa.

Preme aquí para ver máis fotos

II FESTIVAL DE LA CHANSON

O Departamento de Francés do IES Punta Candieira organizou o II Festival de la Chanson (maio 2016).

                   Máis fotos preme aqui

DÍA DAS "CRÊPES"

O alumnado de francés de 3º e 4º da ESO, así como de 1º e 2º de BAC, desfrutaron dunha sesión de clase diferente os pasados 4 e 6 de maio.

Organizado polo Departamento de Francés festexaron o día das "crêpes", "La Chandeleur" en Francia, unha das celebracións máis antigas e populares dese país.

Despois de tomar boa nota da receita, os alumnos/as elaboraron as "crêpes", que puideron compartir cos seus compañeiros e profesores.

 
   

 

                                Mais fotos preme aqui

CYRANO DE BERGERAC - OBRA DE TEATRO EN FRANCÉS

O pasado xoves 3 de marzo, 52 alumnos de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de BAC de francés, asistiron no colexio Santa Xoana de Lestonnac de Ferrol á obra de teatro "Cyrano de Bergerac", cun 90% en francés e un 10% en castelán.

A obra narra a historia de Cyrano de Bergerac, soldado, poeta e namorado da súa curmá Roxane, a quen non ousa a declarar o seu amor debido ó complexo físico que lle supón o tamaño do seu nariz. Así que toma a decisión de axudar a Christian, un belo pero pouco elocuente mozo, a conquistar o corazón de Roxane, escribindo no seu lugar as cartas de amor que el desexaría enviarlle.

Os alumnos asistentes puideron descubrir se Roxane rematou finalmente por descubrir o engano ou non...

JE PARLE FRANÇAIS POUR...

DIX BONNES RAISONS!!!

 

 

 

1º FESTIVAL DE LA CHANSON - MARS 2014

O Departamento de Francés do IES Punta Candieira organizou o 1er Festival de la Chanson (marzo 2014)... desexando que isto se convirta nunha tradición.

Graciñas Consuelo por facernos o cartel!

Agustín e Brais, os encargados de presentar o festival... en francés!

Mentres se preparaban os tres grupos que actuaron, escoitamos a Iván e Giovanni. 

 Rapaces, graciñas pola vosa participación!

 

Actuacións:

  • 1º ESO A+B gañou o primeiro premio. 

 

  •  1º ESO B gañou o segundo premio.

 

 

  •  1º ESO A gañou o terceiro premio.

 

 

Mentres o xurado deliberou, escoitamos Toi plus moi de Grégoire, interpretada polos alumnos de 3º ESO A/B.

 O xurado encargado de outorgar os premios:

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración. Vémonos o próximo curso no 2º Festival de la Chanson!

Distribuir contido