Becas e axudas

Axudas e Distribución de máscaras para o alumnado

Convocadas as axudas para distribución gratuíta de máscaras ó alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial dos centros educativos gallegos.

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

¿Quen opta a elas?

     1.      Se recibiches "cheque de material"... de xeito automático

O alumnado que xa obtivo a axuda para material escolar (os 50€) xa as ten concedidas automaticamente, polo que non precisa solicitalas. Entregaranse a este alumnado cando se remate o proceso, aproximadamente nos primeiros días de decembro (se avisará).

     2.      As familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros.

Poden solicitalas as familias que non tiveran a axuda de material escolar, tanto se pediu a axuda de libros ou non, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos pola orde.

     3.      Alumnado matriculado en Educación Especial

Aquel alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou que teña unha discapacidade do 65% ou máis.

O prazo para pedilas é..

Pódese entregar a solicitude no instituto entre o luns 16 e o venres 27 de novembro de 2020. Lembra que se tiveches a axuda de material escolar (os 50€) xa non tes que pedilas porque telas concedidas de xeito automático.

Documentación a Cubrir...

Neste enlace tes á orde da convocatoria no DOG se queres ler todos os detalles, e ó remate desta publicación tes a orde e os anexos a cubrir.

Documentación a Entregar...

Unha vez cuberta a documentación, toda ela se entregará na Secretaría do centro SEMPRE con CITA PREVIA, chamando o teléfono do centro 881 930 076.

Entrega e Distribución das Mascarillas

Unha vez rematado o proceso e mercadas as máscaras, iniciarase o reparto no propio centro. No mes de Decembro. Anunciaremos chegado o momento.

axudas para a mobilidade a países extracomunitarios 23/10/2017

AXUDAS A ALUMNOS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2015

Ata o día 16 de abril está aberto o prazo de solicitude de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ó alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos (convocadas pola Orde do 2 de marzo de 2015, DOG do 16 de marzo).

 

Atoparedes máis información sobre o programa e sobre cómo solicitar estas axudas na seguinte páxina web:

http://www.edu.xunta.es/axudasle

Distribuir contido