Instalación e Mantemento

VISITAS A VALLEJO, FIBRANOR E INOXIDABLES DE RÁBADE

O martes, día 12 de xaneiro, os alumnos de FP do centro puideron visitar tres empresas de distintos sectores industriais: Mecanizados Vallejo en Vilalba, Fibranor (grupo Finsa) en Rábade, e Inoxidables de Rábade en Outeiro de Rei.

Participaron nelas os alumnos de 1º e 2º do ciclo superior de Mecatrónica Industrial, 2º do ciclo medio Mantemento Electromecánico, ciclo medio de adultos de Mantemento Electromecánico, 1º ciclo medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas e ciclo superior de adultos de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados.

Queremos agradecer dende aquí ás empresas colaboradoras o seu tempo e explicacións.

 En Finsa.  

 En Inoxidables de Rábade. 

CLAUSURA DA "I SEMANA DO MOTOR"

O pasado xoves 22 de outubro concluiron as actividades correspondentes á I Semana do Motor, con grande éxito e afluencia de asistentes. 

O interese suscitado polas mesmas fai prever que exista continuidade para esta iniciativa no vindeiro ano.

Achegamos a continuación unha foto grupal dos docentes e participantes nesta I Semana do Motor durante a súa xornada de clausura.

"I SEMANA DO MOTOR" NO IES PUNTA CANDIEIRA

Do 19 ó 22 de outubro terá lugar no IES Punta Candieira a "I Semana do Motor", en horario de 20 a 22 horas.

Consistirá nunha serie de charlas específicas sobre cálculos básicos en motores de combustión interna, a cargo de docentes do centro, e están dirixidas a empresarios, profesionais e alumnos. Finalizarase coa demostración da construcción da peza dun motor cunha impresora 3D.

A asistencia a esta actividade é gratuíta e as prazas son limitadas. Os interesados en inscribirse poden facelo chamando ó teléfono 981-48-12-02.

VISITA A AIMEN, ABB E EXTRUGASA (CS MECATRÓNICA E CM MANTEMENTO)

O pasado martes, 3 de marzo, os alumnos de 1º e 2º do CS de Mecatrónica industrial e do CM de Mantemento electromecánico de adultos, visitaron as instalacións de tres empresas relacionadas co seu sector.

Pola mañá acudiron ó centro tecnolóxico Aimen en O Porriño, onde  coñeceron as instalacións do edificio Armando Priegue e do Centro de aplicacións láser, e posteriormente á empresa ABB, de robótica, en Vigo.

Pola tarde a visita foi á empresa Extrugasa, en Valga, adicada á perfilería de aluminio, onde presenciaron cómo transcorre o proceso de fabricación dos seus productos.

 

VÍDEOS

  

CURSO AFD DE MANTEMENTO E MONTAXE MECÁNICO DE EQUIPO INDUSTRIAL.

CURSO AFD DE MANTEMENTO E MONTAXE MECÁNICO DE EQUIPO INDUSTRIAL.

IMPARTIRASE NO IES PUNTA CANDIEIRA, DENDE O 31 DE MARZO O 14 DE NOVEMBRO.

DIRIXIDO A PARADOS MENORES DE 30 ANOS.

VISITA A GRÚAS GUERRA (VILA DE CRUCES) - CM MANTEMENTO E CS MECATRÓNICA

O pasado xoves, 27 de febreiro, os alumnos de 1º e 2º do ciclo superior de Mecatrónica Industrial e de 1º (réxime de adultos) e 2º do ciclo medio de Mantemento Electromecánico, visitaron as instalacións da empresa Grúas Guerra en Vila de Cruces.

 A visita resultou moi interesante e didáctica, e queremos dar as gracias a todo o persoal da empresa e ó seu xerente, que contribuiron a elo coas súas explicacións e axuda.

Distribuir contido