Skip to Content

1º bacharelato

Entrega de cualificacións 2ª avaliación (Diúrno)

Probas de nivel lingüístico 2022-2023

Listaxe provisional de alumnado proposto e taxas de exame (Francés e Inglés)

A listaxe provisional de alumnado proposto para as probas de nivel lingüístico e as taxas de exame publicaranse no taboleiro do IES Santa Irene o martes, día 10 de xaneiro de 2023. O período de reclamacións e cambios será de 5 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da listaxe provisional.

Secretaría: Atención ao público durante o período non lectivo de nadal

Durante o período non lectivo de nadal o horario de atención ao público da secretaría do centro será de 10:00 h a 12:00 h.

Período non lectivo de nadal:

Desde o día 23 de decembro de 2022 ata o 4 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.

*O día 5 de xaneiro de 2023 o centro permanecerá pechado.

Horario extraordinario de atención da secretaría do centro

O luns, día 12 de decembro de 2022, o horario de atención ao público da secretaría do centro será de 12:00 h a 14:00 h.

Desculpen as molestias

Entrega de notas da 1ª avaliación (Diúrno e nocturno)

ESO

As notas publicaranse en ABALAR o mércores, día 30 de novembro, ás 20:00 h (1º ESO, 2º ESO, 3º ESO) e o venres, día 2 de decembro ás 20:00 h (4º ESO). Serán entregadas en formato físico polo/a titor/a a partir do xoves, día 1 de decembro (1º ESO, 2º ESO, 3º ESO) e a partir do mércores 7 de decembro (4º ESO). 

BACHARELATO

1º BACH

Obradoiro manga

Boa tarde!

O obradoiro  de manga farase extensivo a todo o alumnado aínda que non sexan socios do anpa.

O prezo é de 16 euros xeral e un desconto de 3 euros para socios  anpa.

Animádevos! 

Configuración de materias Curso 2022-2023

Publicada no taboleiro do instituto a configuración definitiva de materias do alumnado matriculado nos cursos 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato.

A configuración de materias do alumnado que non aparece na lista corresponde coas materias sinaladas no impreso de matrícula con maior preferencia.

Para dúbidas ou cambios remitir un correo ó seguinte enderezo:

ies.santairene@edu.xunta.gal

Inicio do curso 2022-2023

O xoves, día 8 de setembro de 2022, dará comezo o curso 2022-2023 cunha xornada de benvida escalonada por niveis (consultar documento adxunto) que terá unha duración aproximada de hora e media.

O alumnado recibirá o horario do seu grupo este mesmo día 8 de setembro e comezarán as actividades lectivas ordinarias o venres, día 9 de setembro.

 

Entrega de notas da avaliación extraordinaria de diúrno e nocturno

 No adxunto poderedes consultar o horario de entrega de notas así como as aulas nas que terá lugar.  O alumnado de nocturno debe reparar nas aulas de entrega pois houbemos de cambialas por mor da oposición que se está a desenvolver no centro.

Calendario de matrícula Curso 2022-2023

Calendario de matrícula para o curso 2022-2023

*Período oficial de matrícula do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2022

Distribuir contido


by Dr. Radut