Skip to Content

1º bacharelato

Detectado erro nun libro de texto

Detectado erro no ISBN do libro de 1º de bacharelato da materia "Historia do mundo contemporáneo".

Xa está correxido e actualizado no documento da páxina web.

Disculpen as molestias.

Cancelación da viaxe a Londres

Ante a incerteza da situación e non tendo garantías de poder viaxar en setembro, a viaxe a Londres do alumnado de 1º de bacharelato prevista inicialmente para abril de 2020, foi cancelada.

A axencia de viaxes devolverá o diñeiro aportado agás 35€ de gastos de cancelación.

No documento adxunto atoparedes información importante sobre como será feita a devolución.

Cambio de datas da viaxe a Londres

Segundo as medidas enviadas pola Consellería de Educación o día 12 de marzo, “suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado”.

Por este motivo, a viaxe a Londres prevista do 31 de marzo ao 4 de abril co alumnado de 1º de bacharelato queda adiada para o mes de setembro de 2020 (datas probables do 15 ao 19 de setembro).

Calendario fin de curso 2018 19. ESO e 1º de Bacharelato diúrno e adultos

Xúntase o calendario de final de curso 2018/19 para ESO, ESA e 1º de BACHARELATO diurno e adultos. Inclúe datas de exames e entrega de notas, prazos de reclamacións e outras novas importantes.

 

Intercambio Santa Irene - Liceo Carlo Botta (Italia)

Entre os días 2 e 9 de abril recibimos aos alumnos e alumnas do Liceo Carlo Botta, da localidade italiana de Ivrea, que participan nun intercambio cultural co noso alumnado de 1º de bacharelato.

No documento adxunto aparece recollido o programa de actividades da semana.

RCP 1º bacharelato

Publicamos as fotos da charla-obradoiro sobre reanimación cardiopulmonar (RCP) con médicos do Hospital Álvaro Cunqueiro e alumnado de 1º curso de bacharelato. Pulsa na foto para acceder ao álbum.

Becas de bacharelato do curso 2014-15

Resolución de becas concedidas polo Ministerio de Educación e Deporte para o curso académico 2014-2015.

Visita a AIMEN - 1º Bacharelato A

Os alumnos de 1º de Bacharelato fixeron unha visita a AIMEN, un centro tecnolóxico situado en Porriño, especializado en aplicacións laser, distintas técnicas de soldadura, ensaios mecánicos de materiais e análise instrumental.

Distribuir contido


by Dr. Radut