Skip to Content

1º bacharelato

Enquisa I Semana da Ciencia

Enquisa para o alumnado sobre a I Semana da Ciencia celebrada no centro entre o 18 e o 24 de abril

Enquisa - Prema aquí

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS

 En documento adxunto podedes consultar a  Resolución do 15 de marzo de 2023, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso académico 2023-2024, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios, publicada no BOE do 17 de marzo. 

Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Enquisas do Plan Estratéxico de Mellora (PEM) 2022-2025

Enquisas sobre aspectos relacionados co funcionamento e organización do centro educativo. O obxectivo das mesmas é realizar un PLAN DE MELLORA coas achegas de toda a comunidade educativa.

Por esta razón, solicitámoslles que adiquen un pouco do seu tempo (arredor de 5 minutos) en responder con sinceridade ás enquisas.

A información facilitada será totalmente anónima e utilizada única e exclusivamente coa finalidade anteriormente comentada.

Convocatoria bolsas Eurolingua 2023

Poden consultar toda a información da convocatoria picando nesta ligazón: Becas Eurolingua.

O programa está becado ao 100% e inclúe:

Admisión 2023-2024 (Entrega de documentación fase de baremo)

Período de entrega de documentación fase de baremo

21 de marzo de 2023 a 4 de abril de 2023 (ambos inclusive)

Proceso de admisión de alumnado externo para o curso 2023-2024

O día 1 de marzo de 2023 comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso. O prazo ordinario remata o día 20 do mesmo mes

Nos documentos adxuntos pódese atopar toda a información e documentación relativa ao proceso (lexislación, calendario, impresos...)

Real Decreto de bolsas e axudas ao estudo para o curso 2023-2024

Publicado o Real Decreto polo que se establecen os limiares de renta e patrimonio familiar e as cuantías de bolsas e axudas para o curso 2023-2024.

Acceso ao Real Decreto premendo aquí

Convocatoria de bolsas para inmersión lingüística en inglés

Convócanse en réxime de concorrencia competitiva un máximo de 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2023.

Mais información premendo aquí

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023 (Axudasle)

Convocadas axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado que cursou no 2021/22 e/ou que cursa no 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2023.

Mais información premendo aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut