Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

O IES San Tomé apúntase á compostaxe

Do 10 ao 23 de maio temos no noso IES a exposición itinerante Apúntate á compostaxe! do Programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra, que se inclúe dentro do Contrato Programa Innova-Sostenibilidad concedido o presente curso e coordinado polo departamento de bioloxía e xeoloxía.

Na exposición móstrase a gran importancia que ten hoxe en día a xestión selectiva de residuos e a compostaxe como práctica activa da sostibilidade.

Fotos

Os alumnos de PMAR visitaron dous centros educativos da contorna (EEI Vilalaura e EI O Castro)

O alumnado de PMAR xunto coa súa profesora Soraya visitaron dous centros educativos da contorna (EEI Vilalaura e EI O Castro) para concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de ler e que lles lean. Con este obxectivo adaptaron un conto infantil que explica a lenda de San Jordi e, ademais de narralo, crearon hologramas que deixaron aos máis cativos impresionadas. Parabéns polo voso traballo! Seguide así!

Fotos

Alumnos do IES San Tomé aprenderon a voar un dron

Nove alumnos de 2º ESO do IES San Tomé modificaron e aprenderon a voar un dron en tan só cinco meses.

Ler o artigo

 

PROXECTOTERRA “Intercambio territorial Camiño de Santiago" curso 2022-23

Os días 3 e 4 de maio o alumnado de 4º da ESO acompañados polos profesores Xosé Álvarez e Mateo Carrera desprazáronse ao Cebreiro (Camiño de Santiago ) para comezar unha ruta de 48 horas rematando no Mosteiro de Samos. A viaxe organizada polo EDLG do IES San Tomé de Freixeiro foi patrocinada polo PROXECTOTERRA “Intercambio territorial Camiño de Santiago “ curso 2022-23 . O alumnado visitou no Cebreiro unha Palloza-museo, a igrexa e o conxunto da aldea. Pola tarde dese mesmo día rutearon dende o Alto de Poio ata Triacastela ( 9 Km de andaina) . No segundo día visitaron o taller “Artelar “ onde presenciaron unha actividade demostración de tecido”.Aproveitaron tamén para visitar o albergue da Xunta e ver o conxunto rehabilitado. Visitaron un muíño e logo o Mosteiro de Samos. Non só traballaron nunha aprendizaxe activa , tamén houbo tempo de partillar, gozar e rir. Esperamos repetir o curso vindeiro despois dunha experiencia tan positiva para alumnado e profesorado. Mil grazas a todos e todas por facela posible , e sobre todo a @Proxectoterra.

Vídeo

Nestes días estivo polo noso centro o alumnado do Lycée Fénelon o centro francés de Clermont Ferrand

Nestes días estivo polo noso centro o alumnado do Lycée Fénelon o centro francés de Clermont Ferrand co que facemos o intercambio desde hai anos. O día da súa visita fixémoslles un recibimento no salón de actos cos discursos oficiais, a actuación de Candela acompañada por Maica ao piano (cantando Je vole de M. Sardou) e a actuación do alumnado de 2º ESO de primeira lingua francés interpretando Le coeur holiday de Mika e Soprano. Despois asistiron a dúas sesións de clases. No recreo gozaron dunha merenda cos seus "corres".

E o martes tocou a saída conxunta na que aproveitamos, como é tradición, para facer un anaco do camiño xuntos. Logo, nos achegamos a Compostela para visitar a cidade, a catedral e máis o seu pórtico da gloria.

Podemos dicir que un ano máis os 70 participantes no intercambio viviron una experiencia única que esperando poida renovarse ano tras ano.

Fotos

Éxito do IES San Tomé na final do Young Business Talents 2023

O venres 28 de abril dous equipos do instituto competiron en Madrid na final nacional deste concurso escolar de xestión empresarial, na que tiñan logrado meterse entre os 100 mellores equipos de toda España. Un dos equipos estaba formado por Yago Dorgambide, Alba Durán e Clara Fontán, de 4º ESO e o outro por Daniela Álvarez, Emily Jiménez e Iago Lorenzo, de 1º de bacharelato. 

Na final, ambos equipos conseguiron ganar ás súas respectivas competicións de 5 finalistas, alcanzado dous dos 20 premios de Gañador de grupo. Parabéns ós nosos alumnos polo seu éxito!

 Foto

O alumnado do IES San Tomé de Freixeiro gañador de dous premios da Competición de Robots organizada pola UVIGO.

O alumnado do IES San Tomé de Freixeiro gañador de dous premios da Competición de Robots organizada pola UVIGO. Ao longo de toda a mañá do venres, 21 de abril, o alumnado participou nas probas, acompañado polo profesorado, José Antonio López García e Luisa Alonso Costoya, que estiveron traballando nos últimos meses nas aulas cos grupos participantes. Velocikar, de primeiro /segundo da ESO gañou o segundo premio na categoría BeRobot, e o grupo TukiTuki levouse o premio STEM. Parabéns! Máis fotos no enlace   enlace

O equipo TukiTuki integrado por rapazas                                                                 Equipo Velocikar  2º premio

Celebración do Día do Libro

Cun día de retraso celebramos o luns 24 de abril o día do libro no instituto. Poidemos disfrutar coas recomendacións do BOOKFLIX creado pola profe Soraya e o seu alumnado. Ademais houbo libros de balde para levar ou agasallar (tivemos papel de regalo)!! 

fotos

Seguimos coa formación do profesorado en como xestionar as emocións na adolescencia!

Esta vez o grupo de doce docentes participantes no seminario “Propostas para unha adecuada saúde mental na adolescencia” recibe formación impartida por José Eduardo Rodríguez Otero, psicólogo da unidade de prevención do suicidio (UPS) do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Coordina a profesora Silvia Barja Fernández do departamento de bioloxía-xeoloxía e do departamento de orientación.