Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Plans e proxectos

O IES San Tomé apuntouse a non beber

O alumnado de 1ºESO C celebrou no Aquapark de Cerceda o premio acadado co deseño dunha campaña de contrapublicidade que procura concienciar á mocidade do risco no consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas. O alumnado desta clase creou unha campaña de contrapublicidade denominada “Red Bull te corta las alas. Por un consumo responsable” dentro do Plan Proxecta Apuntámonos a non beber!, ao longo do cal leváronse a cabo charlas formativas por parte dunha psicóloga do Departamento de Prevención e Conductas Aditivas do Servizo Galego de Saúde e máis unha sesión formativa dirixida ás familias. O resultado do seu traballo foi unha xornada festiva entre tobogáns e piscinas que gozaron a modo de fin de festa do presente curso. Parabéns, rapazada!

Contra-publicidade. Apuntámonos a non beber!

Como produto final do Plan Proxecta Apuntámonos a non beber! concedido ao noso IES, o alumnado de 1ºESO deseñou varias campañas de contrapublicidade para concienciar á sociedade, especialmente á mocidade, dos perigos e consecuencias que ten o consumo de alcohol sen responsabilidade e a unha idade precoz.

 

Aquí tedes as contrapublicidades:

 

https://sites.google.com/santomevigo.net/aputamonosanonbeber

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/kSScta8k5LwaNYA

 

Plan Proxecta: "Apuntámonos a non beber". Charla para familias.

O mércores 24 de maio celebrouse no noso IES unha charla formativa dirixida ás familias sobre o consumo de alcol e outras sustancias aditivas dentro do "Plan Proxecta / Apuntámonos a non beber!" coordinado por Silvia Barja Fernández do departamento de Bioloxía-Xeoloxía e o departamento de Orientación. A charla foi impartida por Maria Nogueira da Asociación Érguete.

A finalidade é previr o consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas no noso alumnado e desnormalizar a conducta de consumir alcol na mocidade.

Grazas a todas as familias asistentes pola vosa presenza e colaboración.

 

Plan Proxecta+ 2º ESO

O alumnado de 2º ESO participou no programa Consumópolis incluído no plan Proxecta+ 2022/23 coordinado pola profesora de tecnoloxía Luisa Alonso e en colaboración cos tutores deste curso.

Consumópolis é un concurso escolar sobre consumo responsable e calidade de vida, promovido polo Ministerio de Consumo e organizado na Comunidade Autónoma polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

A participación no concurso materializouse a través das actividades que o alumnado desenvolveu na cidade virtual de Consumópolis (premer no enlace) na primeira parte, e na segunda parte elaboraron un vídeo dun traballo colaborativo en equipo.

Un total de 6 equipos pasaron á fase do concurso autonómico, 3 equipos de 2º ESO E, un equipo de 2º ESO B, un de 2º ESO PMAR e un de 2º ESO A. 

Desexámoslles moita sorte na eliminatoria!

FOTO

 

Plan proxecta "Apuntámonos a non beber". Continua a participación do alumnado de 1º ESO

O martes 31 de xaneiro o alumnado de 1ºESO comezou a súa participación na segunda intervención no plan proxecta “Apuntámonos a non beber!”, intervención realizada por persoal experto do departamento de prevención e condutas aditivas da Consellería de Sanidade.

O obxectivo do proxecto é previr o inicio do consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas no noso alumnado e “desnormalizar” a conduta de beber alcohol durante a mocidade.

Neste caso, os contidos das charlas foron dar a coñecer ao noso alumnado os efectos e a presión que ten a publicidade na sociedade, especialmente na sociedade adolescente, facendo fincapé na publicidade subliminar. Analizouse criticamente a publicidade de bebidas alcohólicas e como procura persoas mozas consumidoras. Ademais, explicóuselle ao alumnado que é a “contrapublicidade”, xa que o produto final do plan proxecta é que cada clase elabore unha campaña de prevención de consumo de bebidas alcohólicas.

Plan proxecta "Apuntámonos a non beber". Comeza a participación do alumnado de 1º ESO

O luns 21 e martes 22 de novembro o alumnado de 1ºESO participou na primeira intervención realizada por persoal experto do departamento de prevención e conductas aditivas da Consellería de Sanidade.

O obxectivo do proxecto é previr o inicio do consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas no noso alumnado e desnormalizar a conducta de beber alcohol na mocidade.

Os contidos das charlas foron dar a coñecer ao noso alumnado que é unha adición, porque o consumo de alcohol é un problema para a sociedade, cales son as recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) en consumo de bebidas alcohólicas, e mitos e verdades sobre as bebidas alcohólicas e enerxéticas.