Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Escolares, 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º BACH, 2º BACH

O alumnado do IES San Tomé de Freixeiro proclamouse campión do Certame de Regueifas 2024

O alumnado do IES San Tomé de Freixeiro proclamouse campión do Certame de Regueifas 2024 organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Excmo. Concello de Vigo.

O venres 26 de abril, un pequeno grupo de rapaces e rapazas do IES foron con toda a ilusión do mundo participar no dito certame, acompañados de dúas profesoras de Lingua galega.

Había un total de 8 institutos participantes, e o noso chegou á semifinal con 6 candidatos dun total de 15.

A vitoria xa se ulía e, así foi! Seleccionaron catro participantes e dous deles eran do San Tomé!

Ao final, fixémonos coa ansiada “regueifa”, que compartimos todos xuntos ao chegarmos ao centro, onde fomos recibidos cunhas agarimosas apertas e parabéns!

Parabéns novamente a todos e todas!

No IES San Tomé hai unha canteira de regueifeiros/as espectacular!

Que sigan así! É este o mellor agasallo que se lle pode facer á nosa lingua!

Moitas grazas á profesora Lucía Alonso por se encargar de solicitar en tempo e forma os obradoiros e tamén ao profesor Miguel Doiro por facer posible estes obradoiros e darnos o agasallo inmaterial de asistir ao Certame, ao xa noso Certame!

Alumnado do IES San Tomé gañador da competición de robots celebrada na Escola de Enseñería Industrial Uvigo

Temos que celebrar o éxito acadado polo departamentode tecnoloxía durante a mañá do venres, na UVigo onde cincocentos estudantes de varias provincias galegas participaron na sétima competición de robots celebrada na Escola de Inxeñería Industrial. O noso alumnado de bacharelato conseguiu impoñerse a varios equipos nas diferentes probas deseñadas na categoría de Be-Robot, acadando ao mellor equipo da categoría feminina, e tamén O PRIMEIRO PREMIO e SEGUNDO PREMIO de bacharelato .

Aínda que o profesorado é o impulsor das iniciativas sen a implicación,  traballo e compromiso do alumnado non sería posible acadar estes logros.

 

Parabéns para todos/as!!

Alumnado do IES San Tomé gañador da competición educativa "Young Business Talents"

O venres 19 de abril un grupo de alumnos/as acompañados polo profesor de Economía Víctor Garví participaron en Madrid na final da competición educativa  " Young Business Talents"  que convocou a 343 xóvenes procedentes de 84 centros docentes. Este ano o alumnado dos dous equipos, EKONOCRACS e KEIZHAI, conseguiu acadar o premio de grupo e ademáis QUEDARON SEGUNDOS E CUARTOS NA FINAL NACIONAL.

Parabéns para eles!!

Video

Visita guiada para o alumnado de 2º de bacharelato ao campus da Universidade de Vigo

O Departamento de Orientación e a Vicedirección coordinaron a visita guiada para o alumnado de 2ºBAC ao campus da Universidade de Vigo. 114 alumnos/as percorrieron ás instalacións e seguiron as explicacións polos distintos itinerarios tecnolóxico, científico, humanístico e xurídico e económico.Ver fotos.

Entroido no San Tomé

Este ano cunha temática medieval pero cun entorno de comparsas e disfraces moi variados celebramos o noso Entroido. Malia a metoeroloxía desfavorable que non impediu desfilar nos patios, a festa foi aclamada por toda a corte. Preme no enlace para ver as fotos.

Teatro en Inglés

O pasado 31 de Xaneiro estivo no noso centro a compañía británica English Theater Company, representando a obra Digital Twin. Eiquí tendes o enlace para ver algunhas imaxes.

Xadrez no instituto

Dende o xoves 11 temos taboleiros de xadrez a disposición do alumnado para poder xogar durante o recreo. A actividade levarase ao cabo durante todo o 2º trimestre e estará dirixida polo Xadrez Galego e o Club Lucena. Ademais, grazas á colaboración da ANPA, ao rematar o trimestre o alumnado poderá disfrutar dun xadrez xigante.

Enlaza Vigo contra a violencia de xénero

O Departamento de Orientación e Vicedirección traballaron nas titorías de 3º e 4º no Programa EnlazaVigo do Concello. Asistimos ás charlas e actividades no Auditorio Mar de Vigo.

Sesións de cinema francés para alumnado de 3º e 4º da ESO e de Bacharelato

Un ano máis e grazas a iniciativa da Alianza francesa de Vigo, o alumnado de francés do noso instituto acudíu a unha sesión de cinema francés no auditorio do concello. Primeriro foi o alumnado de 3º ESO primeiro idioma e o de 4º de ESO quen asistíu o día 8 de novembro para ver Seuls, película distópica onde uns adolescentes quedan sós no mundo. O día 16 de novembro foi o turno do alumnado de bacharelato que animouse a ver La traversée que narra a viaxe inciática duns nenos que inician o camiño do exilio. Grazas a todos por participar!!

Celebrando Samaín no instituto

Estes días estivemos preparando cun taller de origami a chegada do Samaín. O 31 de outubro o centro vestiuse de terror e medo con diversas actividades para festexar o Samaín.

Co gallo do bicentenario da morte de Lord Byron, alumnado de 1º BAC da materia Literatura universal, foi ás aulas de 1º e 2º ESO a expoñer os seus traballos sobre a relación do poeta con Polidori e a creación do mito do vampiro tal e como o coñecemos hoxe.

Ademais todo o alumnado da ESO tivo unha hora de lecturas terroríficas ao longo da mañá.

No centro puidemos ver o cemiterio romano creado polo alumnado de latín de 1º de bacharelato. Contamos tamén coa exposición dos traballos do alumnado de 1º ESO feito na materia de ciencias sobre os vampiros reais acompañados das cabazas decoradas e talladas polo alumnado.  A exposición de novidades da biblioteca estivo chea de propostas literarias de terror da man do propio Byron.

Durante o recreo, no salón de actos, proxectáronse curtas de terror no noso salón de actos engalanado con moito acerto para a ocasión pola ANPA. Moitas grazas pola vosa colaboración!!!