Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Escolares, 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º BACH, 2º BACH

Gañadores do primeiro premio do 3º Certame de Regueifas da Deputación da provincia de Pontevedra.

 

No certame que se celebrou o venres, día 18 de novembro,  participou alumnado de segundo da ESO, e segundo de bacharelato. O equipo gañador,  formado por oito alumnos e alumnas, foi agasallado cun portátil e unha rosca que compartiron no centro educativo. O gañador absoluto, Rodrigo Chenlo Andrade de 2º BAC C, recibiu unha táblet. 

Parabéns a todos o que o fixeron posible!

 

Semana branca en Andorra. Curso 2021-22

Actividade desenvolta polo alumnado de 3º ESO. Fai click aquí para acceder ás fotos da viaxe 

 


 

Hábitos saudables

Proposta de hábitos saudables elaborada polo alumnado de 3º ESO PMAR no ámbito científico-matemático como producto final da súa investigación sobre os hábitos e estilos de vida da poboación. 

 

 

Observatorio sobre a pobreza

Observatorio sobre a pobreza no IES San Tomé no cal participaron os departamentos de Xeografía e Historia, Relixión e Filosofía.

 


 

Obradoiro “Correlíngua”: Desata a língua

Os obradoiros para a escrita do manifesto do Correlinguan están pensados para crianzas de 1º e 2º curso de ESO, teñen unha duración estimada de 50 minutos por obradoiro e cunha participación máxima de 25 persoas. A intención desta actividade é promover a posta en común de ideas e a redacción, a través de exercicios lúdicos, de dous puntos do manifesto en cada un deles.

Traballarase en grupos, promovendo o debate, a posta en común, dando espazo ás mozas e mozos para que se expresen, e priorizando a participación e o respecto

 

EXAMES DE PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

Para proceder á recuperación de alumnos e alumnas coa materia de LGeL de cursos anteriores, este departamento recorda que enviará persoalmente ós enderezos electrónicos dos que dispoñemos e pendurará nesta web os diferentes controis de pendentes o día 29 de maio e que deben ser devoltos cumprimentados para a súa corrección antes das 12.00 h do mércores día 3 de xuño. O alumnado que cumpra os requisitos expostos na programación reformada e, aínda así, queira presentarse á proba de pendentes para subir nota, pode facelo baixando o correspondente modelo de exame e entregándollo en modo PDF ó respectivo profesor da materia encargado. Para acceder ós exames cómpre pulsar sobre o texto «adxunto» que figura debaixo deste anuncio e seleccionar o que se ten que realizar.