Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Comunicacións

Curso 23-24. Exencións de Lingua Galega e Validacións de Música

☞ As datas límites para solicitar as exencións de Lingua Galega son o 5 de outubro, para ESO, e o 20 de outubro, para Bacharelato. ⚠️ Lémbrase que é preciso solicitar a exención cada curso académico e ata un máximo de 2 anos. 

☞ As validacións de Música poden tramitarse ata o 29 de setembro.

23-24 Horarios de grupos

Organización do horario particular do alumno

 

  • Na listaxe publicada na cortiza da aula figuran as materias optativas e subgrupos nas/nos que estás matriculado.
  • No arquivo que se achega podes ver o horario do teu grupo
  • Confecciona o teu horario particular prestando atención especial ás horas nas que hai desdobles ☞ Non esquezas anotar a aula

23-24 Inicio de curso. Presentacións

 (*) Calendario/Horario de presentacións en documento adxunto

Nova estrela no paseo da fama do IES San Tomé

Para dar remate ao curso académico, pasou a integrar o Paseo da fama o noso compañeiro Fernando Lillo, autor de múltiples obras de divulgación das culturas latina e grega e habitual conferenciante sobre eses temas. Benvido ao ilustre chan.

Matrícula alumnado para o curso 2023-2024

Preme na seguinte ligazón e accede a toda a información

22-23 Matrícula alumnado para o curso 2023-2024

Atención ⚠️ O alumnado novo no centro pode pasar a recoller os sobres de matrícula ☞ Conserxería do instituto

 

Xornada de Portas abertas

A Xornada de Portas Abertas, organizada polo Departamento de Orientación, comezou no salón de actos cun dircurso de benvida da directora Mª del Carmen Vélez, seguido dunhas palabras da orientadora Manoli del Palacio. Máis tarde o alumnado, repartido en catro grupos, percorreu o instituto da man de alumnos e alumnas de 4º ESO (o noso agradecemento a todos eles: Bruno, Candela, David, Enma, Julia, Natalia, Sara e Tiago). Durante o paseo polas nosas instalacións visitaron as aulas específicas e o resto das instalacións do noso centro.

Foi unha delicia recibilos, esperamos que gozaran da xornada e que esta actividade lles axude para a súa integración no San Tomé o vindeiro curso.

 

Fotos

Visita da escritora Sonia Mirón ao IES San Tomé

Sonia Mirón visitounos o pasado 15 de maio e deu unha interesante charla sobre as súas novelas aos alumnos de 2º e 3 º de ESO. Pasou a formar parte do noso Paseo da fama."