You are hereHÉCTOR CAJARAVILLE: DENÉBOLA A ROXA

HÉCTOR CAJARAVILLE: DENÉBOLA A ROXA


Falou de súa experiencia vital como escritor, dos cambios na súa profesión, de xornalista a novelista.

Comentou a novela Denébola a roxa. Fixo unha defensa do feminismo a partir da obra: quería que Denébola fose unha muller forte e adiantada ao seu tempo. Precisamente chama a atención que nunha novela de piratas a protagonista sexa unha muller.

Contou que elixiu este nome tan orixinal porque era o dunha reporteira do Telexornal.

Asinou todos os libros e contestou a todas as preguntas. O alumnado quedou encantado polo seu trato próximo e polo interese que espertou todo o que contou.