You are hereActividades
Actividades
RAP SOBRE DELGADO GURRIARÁN
Este RAP foi composto polos alumnos Jerom e Israel, da especialidade de Artes Escénicas do IES Alexandre Bóveda de Vigo, para conmemorar o día das letras galegas en recoñecemento da figura de Florencio Delgado Gurriarán, coa coordinación do seu profesor de galego, Alfonso.
CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO CENTRO
Durante este mes celebrouse o Día das Letras, dedicado a Florencio Delgado Gurriarán, con diversos eventos nos que participou o alumnado.
OBRADOIRO DE DEBUXO MANGA
O Departamento de Normalización organiza un obradoiro de debuxo Manga para aplicar no II Certame de Manga co TEMA: O cambio climático dende diversos puntos de vista.
Os agasallos serán vales para material de debuxo.
TEATRO NO SATURNINO MONTOJO: AVENTURAS MERCURIANAS
O día 12 de xuño, o alumnado de 3º de ESO fixo un representación teatral no salón de actos, inserida nos proxectos nos que traballa o centro neste curso 2018/19.
A temática das pezas xira arredor do sistema solar, específicamente Mercurio, planeta que representamos, e os problemas medioambientais que inquietan a Terra.
Os guións foron ideados e redactados polo alumnado, que tamén colaborou na escenografía, vestiario e efectos especiais.
Para a dramatización contaron coa inestimable axuda de dous alumnos do ciclo de VídeoDJ, sen os cales non tería sido posible o éxito acadado.
Os sketchs representados foron os seguintes: