You are hereFaladoiros

Faladoiros


FALADOIRO: “Erros na educación das familias”

08/05/2019 e 15/05/2019

Os alumnos comentan que algúns pais son demasiado consentidores, que non responsabilizan de nada os seus fillos e fomentan o materialismo.

Entre as causas dos erros da educación por parte dos pais, considérase que está a sobreprotección.

Tamén se fai referencia a pais que substitúen a atención persoal por agasallos e mesmo se critica que algúns animen os fillos a ver debuxos, vídeos, canles de Youtube e que o móbil sexa o que se encargue deles en lugar dos pais.

O faladoiro resulta tan interesante que se decide desenvolvelo en dúas sesións.

    

 

COMPROMISO COA XORNADA SOLIDARIA

 

Nesta xuntanza reflexionouse sobre o sentido das palabras solidariedade e a caridade, dos seus diferentes significados.

Tamén se fixo un balance da Xornada Solidaria desenvolvida o Día da Paz para, nun exercicio de autocrítica, valorar que actividades se poden mellorar, cambiar e de que xeito se pode contribuir nesta mellora.

A IMPORTANCIA DA IMAXE NAS NOSAS VIDAS

Despois de que xurdise este tema no Club de Lectura de Iridium, consideramos que tiña importancia suficiente para darlle unha volta máis nun faladoiro.

Houbo moita participación. A meirande parte do alumnado considera que, aínda que nun primeiro momento a imaxe que cada un transmite pode ser importante, finalmente son os valores, persoais e humanos, os que prevalecen.

Entre os participantes non había ningún que recoñecese ter unha especial obsesión pola imaxe e, en xeral, consideraban que na vida cotiá non os marcaba excesivamente.

Páxina completa

PROPÓSITOS PARA O 2019

Despois do descanso de Nadal, tocaba reflexionar sobre un tema moi común nesta época do ano. Foi ilusionante plantexarse, con ánimo e bo humor, que queremos mellorar nas nosas vidas neste ano 2019 que comeza. Os propósitos foron ben variados:

  • Mellorar nos estudos e nas cualificacións.
  • Seguir sendo feliz.
  • Colaborar coas tarefas da casa.
  • Organizarse mellor e aproveitar ben o tempo.
  • Non ter propósitos: vivir o presente, e xa está…

En fin, esperemos que se cumpran…

QUE SIGNIFIGA PARA NÓS O NADAL?

A última semana de clases tocaba reflexionar sobre o Nadal.

Coma sempre, tivemos moitos alumnos que compartiron e contaron que son para eles estas datas tan significativas.

Xurdiron temas como os dos agasallos, o consumismo excesivo, as reunións familiares, o descanso… Debatemos un pouquiño antes de desfrutar do Nadal.

O uso dos móbiles nos centros de ensino.17/10/2018

Partindo da lei francesa que prohibe o emprego de teléfonos en centros escolares, os alumnos de 1º,2º,3º e 4º de ESO explicaron, con moito tino, os pros e contras da utilización libre dos móbiles nas escolas e institutos.

A participación do alumnado foi tan importante en número, que tivemos que continuar con este asunto en dúas sesións separadas máis (1º, 2º ESO/3º e 4º de ESO), para que todos puidesen dar a súa opinión.

Foi un éxito total. Esta actividade é unha das máis demandadas polo noso alumnado.

Este ano os alumnos de ALFIN de 1º de BAC colaboran coa elaboración das presentacións que se realizan nas xuntanzas, así como na divulgación da propia actividade.

 

“O ACOSO ESCOLAR”

       

14/11/2018 1º/2º ESO                                     20/11/2108 3º/4º ESO

Enfrontamos un novo e espiñoso tema co que o alumnado nos sorprendeu e sensibilizou coas súas opinións, reflexións e experiencias persoais.

Despois do desafogo e o relato dalgúns episodios vividos polos participantes, reflexionaron sobre o problema, as súas causas, as vías de solución…

Recoñeceron que para evitar este tipo de conflitos é preciso desenvolver a empatía cos demais, pero que, se se produce, é moi importante que o centro actúe adecuadamente e que as familias estean informadas e colaboren positivamente na resolución satisfactoria do problema.

Coma sempre, contamos coa axuda dos alumnos de ALFIN e aprendemos moito os uns dos otros. E compartimos e reflexionamos…