You are hereMURAL SOBRE A ESCOLA GALESA

MURAL SOBRE A ESCOLA GALESA


En xullo de 2018 a profesora Natalia Ogorodnikova realizou unha viaxe de formación a Cardiff dentro do programa Erasmus K. 

Esta experiencia aproveitouse para facer un mural comparativo sobre a escola de Cardiff nos tempos de hoxe e nos tempos do escritor galés Roahd Dahl. Esta parte do mural foi preparada polos alumnos de 1º D da ESO, que durante o primeiro trimestre leron a novela autobiográfica de Ronald Dahl Boy, relatos da infancia, e escolleron os fragmentos máis significativos para reflectir o funcionamento da escola galesa.