You are hereOBRADOIRO DE PORTUGUÉS. OPS! O PORTUGUÉS SIMPLES

OBRADOIRO DE PORTUGUÉS. OPS! O PORTUGUÉS SIMPLES


MÉRCORES, 10 DE ABRIL DE 2019

Un encontro co alumnado de 3º de ESO no que se realiza un achegamento ao portugués e no que se explica que é a lusofonía e a importancia do galego como integrante dela.

Primeiro fíxose unha presentación dos países que teñen como lingua oficial o portugués e a vantaxe dos galegos pola competencia lingüística que ofrece a nosa lingua para poder comunicarnos cunha comunidade tan importante de falantes, posto que o portugués é a sexta lingua máis falada no mundo.

A actividade é moi interesante e interactiva. O alumnado quedou moi satisfeito e aprendeu moito.