You are hereINSTALACIÓN ARTÍSTICA NA FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA: NAMORANDO DE FERROL

INSTALACIÓN ARTÍSTICA NA FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA: NAMORANDO DE FERROL


O proxecto Namorando de Ferrol vai vento en popa, e nunca mellor dito, porque a instalación artística formada en parte polos  centos de  barquiños  construídos no estaleiro  Saturnino Montojo está sendo todo un éxito. Oxalá sexa unha  premonición e axiña  os estaleiros da nosa vila se  enchan de pedidos, e os barquiños xa non sexan de papel. Tamén podedes seguir a noticia no Diario de Ferrol dixital.

O Departamento de Dinamización  felicita a Montse, a Alberto, a Fran , ao equipo directivo e a todos  os rapaces que coa súa contribución fixeron posible esta actividade.