Iniciar sesión

Calendario de fin de curso

 

Xa temos a pista de baloncesto preparada!!

No marco do plan Proxecta Terra unha das actuacións foi o pintado da pista de bloncesto do patio do centro.

Moitísimas grazas ao profesorado e alumnado participante.

No seguinte vídeo tendes un resumo do traballo feito.

 

Fondo libros e axudas material escolar curso 2023/24

Prazo presentación solicitudes: 20/05/2023 - 21/06/2023

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirrir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 23/24 (código de procedemento ED330B).

Lembrade que se pode tramitar a petición do fondo solidario tanto presencialmente na secretaría do centro como telemáticamente.

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DAS SOLICITUDES: 11 DE XULLO

 

IMPORTANTE: 

Dado que o centro implanta o Proxecto E-Dixgal en 3º da ESO para o curso 2023/24, nese curso non haberá fondo solidario de libros de texto en 1º, 2º e 3º da ESO, non obstante, poden solicitar a axuda para adquirir material escolar, que o vindeiro curso se amplía ata os 10.000 de renda per cápita familiar.

Día do Libro

 O pasado 23 de abril, conmemorouse o Día do Libro e no IES Terra de Soneira celebrámolo lendo!

 

Tamén o equipo da biblioteca organizou un obradoiro de bookfolding do que podedes ver imaxes premendo no seguinte enlace: https://actividadessoneira.blogspot.com/2023/04/bookfolding.html

Títulos recibidos no centro (ESO, BAC e Ciclos)

Xa dispoñemos no centro dos títulos académicos correspondentes ó alumnado que rematou no noso IES os seus estudos (ESO, bacharelato ou ciclos) no curso 2020-2021.

Os interesados/as (non os pais), ou unha persoa que eles autoricen, poden pasar por secretaría para retiralos, identificándose co seu DNI.

A retirada de TÍTULOS poderá facerse mediante un dos seguintes procedementos:
I. O alumno/a interesado, persoalmente, ensinando un documento acreditativo que o identifique (DNI, pasaporte…).
II. Por medio de autorización a outra persoa para que o recolla (asinada polo alumno/a interesado). Neste caso, a persoa autorizada deberá presentar nesta secretaría, cuberta e asinada polo alumno/a, a autorización acompañada de fotocopia do DNI ou pasaporte… do alumno/a. A persoa autorizada deberá así mesmo identificarse ensinando o seu documento correspondente (DNI, pasaporte…).

XORNADA "QUÉRETE"

O venres 31 de marzo, celebramos no centro a I Xornada para a visibilización da saúde menta e emocional "Quérete" en colaboración con Concello de Vimianzo e dentro do Contrato Programa Inclúe, no que este curso participa o IES Terra de Soneira. 

 

 

Ao longo de toda a mañá, o noso alumnado participou en diferentes actividades relacionadas coa saúde mental: talleres co psicólogo Sergio Trillo, iniciación ao Mindfulness con Teresa Vilanova, obradoiros de regueifas con Lupe Blanco, unha actividade sobre a violencia estética e os trastornos de alimentación, charlas de Feafes e de Íntegro e gravación dun podcast sobre o tema. 

Pódese obter máis información sobre o desenvolvemento da xornada e ver fotos premendo no seguinte enlace: https://actividadessoneira.blogspot.com/2023/03/xornada-querete.html

Videoxogos en Scratch

O alumnado de segundo de bacharelato de Tecnoloxías da información e comunicación deseñaron nesta segunda avaliacion videoxogos utilizando o programa Scratch. 

Este está inspirado no xogo de móvil Preguntados e foi deseñado por Paula Torres Pedreira. Que vos divirtades!!

  

Convocatoria de bolsas e axudas do MEFP para o curso 2023/24

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

 

Prazo de solicitudes: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023

Procedemento exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFP

Distribuir contido