Iniciar sesión

Visita ao MAC de A Coruña

Hoxe @s nos@s alumn@s de 4º ESO de Plástica e Tecnoloxía foron ao MAC ao taller: "HOME MADE 3D"

Consiste nunha aproximación de carácter práctico á cuestión da imaxe estereoscópica desde unha dobre perspectiva: Biolóxica e Tecnolóxica, cos seguintes contidos:

CHARLA CON APOIO VISUAL E DEMOSTRACIÓNS PRÁCTICAS

CREACIÓN E VISIONADO DE PELÍCULAS

   
   

Premios a proxectos de innovación na FP

Publicada a resolución do 22 de maio de 2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional, convocados na resolución do 04 de decembro de 2017.

O noso alumnado de Ciclo Medio de Xestión Administrativa e de Ciclo Superior de Administración e Finanzas, coordinado pola nosa profesora de FOL, Noa González Patiño, e o Departamento de Administrativo resultaron premiados pola súa colaboración co IES Universidade Laboral no proxecto: Deseño e montaxe de prototipo de frigorífico domótico mediante software e hardware libre.

 

OS NOSOS PARABÉNS!!!

 

 

 

Día da Muiñeira

Conmemorando o 17 de Maio, este mércores instauramos no noso Instituto o Día da Muiñeira.

O noso alumno Martín Pose de 4º Eso B preparou esta actividade realizando un Obradoiro de Baile Galego na Aula de Usos Múltiples e unha exibición posterior no patio. Aquí tedes as "probas"

 

 

Podes ver máis videos premendo nestes enlaces: Video 1 , Video 2 e Video 3

 

Conferencia: Cine e Igualdade

Onte proxectamos a curtametraxe "A nena azul", rodada na Costa da Morte e dirixida e protagonizada exclusivamente por mulleres, e  posteriormente tivemos unha charla sobre cine e igualdade. Acompañaronnos a autora e as técnicas da curtametraxe.

 

Esta visita foi recollida na prensa.

Visita do Lycée Louis Rascol de Albi (Francia)

O martes 1 de maio recibimos un grupo de vinte e un estudantes e dúas profesoras do Lycée Louis Rascol de Albi, co que o noso centro leva mantendo intercambios desde hai anos, sempre acompañados polos nosos alumnos. Son seis días de convivencia nos que hai visitas culturais: na contorna, Santiago e Vigo así como actividades lectivas en castelán.

Podedes ver as fotos aquí.

 

Estarán connosco ata o martes 8 de maio.

Aprendo programando

Xa temos o noso primeiro proxecto rematado!! Esperemos que non sexa o último!

Visita interactiva por un dolmen con referencias a Dombate

 

Clases sen fume

Os nos@s alumn@s de 1º ESO A, dentro do Plan Proxecta: Clases sen fume, realizaron o proxecto "Paco deixa o tabaco". Unha recreación do popular "Xogo da Oca" a modo de concienciación sobre o tabaquismo. PARABENS POLO BO TRABALLO!

Entroido 2018 no Terra de Soneira

Xa podedes ver as mellores escenas do Entroido deste ano na nosa Galería de Fotos

Para acceder a tódalas instantáneas premede aquí

Video demostrativo dos Ciclos de FP do IES Terra de Soneira

Os nosos alumnos crearon un video dunha empresa ficticia no que presentan as diferentes áreas nas que poderán traballar cursando os nosos Ciclos:

  •  Medio de Xestión Administrativa
  •  Superior de Administración e Finanzas

 

 

Magosto 2022

 

Este venres 11 de novembro, día de San Martiño, celebramos o noso tradicional magosto. Houbo castañas, un túnel do terror literario, concurso de doces terroríficos na biblioteca e xogos tradicionais no patio. Moitas grazas a todos os que fixestes posible este día, especialmente aos alumnos que participaron nas actividades!

Podedes ver fotos e vídeos desta xornada tan especial pinchando no seguinte enlace: https://actividadessoneira.blogspot.com/

Distribuir contido