Iniciar sesión

Visita a Coruña-alumnos de Latín

Hoxe os nosos alumnos de Latín achegáronse á Coruña para asistir a unha obra da XIX EDICIÓN DE TEATRO GRECOLATINO, ademais aproveitaron para facer unha visita ao Castelo de San Antón

Venres de Entroido 2019 no Terra de Soneira

Xa podedes ver as mellores fotos do Entroido deste ano na nosa Galería.

Fai click aquí

 Ademáis o alumnado de Portugués, foi ao pais veciño de excursión

Fotos

Diagnose e seguimento da convivencia escolar

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal.

No marco desta Estratexia, o Eixe 1 está dedicado á diagnose e seguimento da convivencia escolar, realizouse en 2015 unha diagnose inicial que permitiu identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos, para a elaboración do plan de convivencia. Transcorrido un período significativo, e ao obxecto de facer un seguimento do clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora que cumpran, faise necesario repetir o proceso referido.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.

As familias que desexen participar teñen que cubrir unha enquisa por cada centro no que teñan matriculado algún fillo ou fillaindependentemente do número de nenos e nenas que cursen estudos no mesmo centro.

Cada membro da comunidade educativa disporá dun código de acceso á recollida de datos sobre convivencia escolar. O código serve só para evitar que xente allea ao centro entre na aplicación, pero non serve para identificalo a vostede.

A súa opinión é moi importante e valiosa para mellorar a convivencia escolar polo que lle solicitamos que preste atención e responda con responsabilidade. Este código servirá tan só unha vez; se tivese algún problema con ela ou precisase unha nova pode poñerse en contacto coa dirección do centro.

Agradecémoslle a súa colaboración e participación nesta recollida de datos.

Atentamente,

NOTA:
Na seguinte ligazón pódese acceder ao formulario para a recollida de datos: www.edu.xunta.es/convivenciaxestion/

Para garantir a seguridade do proceso a aplicación utiliza un certificado de seguridade da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre que pode non ser recoñecido por todos os navegadores. Se recibe unha mensaxe de alerta non se preocupe. Pode confiar plenamente na seguridade da páxina.

Venres Rosalianos

Seguimos a celebrar o mes de Rosalía na Bilioteca, con música e poesía en directo.

Video de mostra

Máis fotos aquí.

Mes de Rosalía na Biblioteca

VENRES ROSALIANOS: MÚSICA E POESÍA NA BILIOTECA

 

Programa escolar de consumo de froita e leite fresca

Segundo as axudas regulada polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria), para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares, estamos a distribuír os cartóns de leite e leite sen lactosa durante o recreo.

  

Agradecemos a participación dos alumnos voluntarios de 4º da ESO B

Na foto: Dylan Fandiño e Marcos Esperante

 

DELF escolar en Galicia para o curso 2018/2019

 

Xa está aberto o prazo para apuntarse ás probas do DELF Escolar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Máis información aquí

OS NOSOS CAMPIÓNS DO MUNDO SAEN NA PRENSA

Preme nas imaxes para acceder ao contido

Reportaxe La Voz de Galicia

Reportaxe de El Correo Gallego

Entrevista en Radio Nordés Cadena Ser

CAMPIÓNS DO MUNDO – ARTISTAS 3D

Concurso STEM entre mozos e mozas mediante o escaneado 3D de precisión.

http://www.d3mobile.es/

É para nós un pracer comunicar a toda a comunidade educativa do IES Terra de Soneira que o equipo que resultou CAMPIÓN DO MUNDO – ARTISTAS 3D no Concurso d3Mobile 2018 foi o formado polos nosos alumnos:

AITANA CASTIÑEIRA DE LEÓN e SERGIO CASTIÑEIRA VILARIÑO de 2º de Bacharelato A, coordinados pola profesora Dna. ANA ISABEL PENEDO BLANCO.

 

OS NOSOS PARABÉNS AOS TRES!!!!!!!!!!!!!!

 

Premendo podedes ver o seu MODELO 3D

Lista de Gañadores

Programas de Inmersión en Linguas Estranxeiras

Xa está de volta a nosa profesora de francés, tras un mes de inmersión lingüística en francés en Amiens, dentro do programa PIALE do plan de formación en linguas estranxeiras da Consellería de Educación.

 Podedes ver a noticia nun xornal aquí.

Distribuir contido