Iniciar sesión

Entroido 2021

Un curso diferente, un entroido inexistente?

Pois non, só distinto e sen festival, algo tíñamos que facer.

Se queres ver máis fotos preme na imaxe

Probas de acceso a Ciclos Formativos

Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021

Prazos de presentación de solicitudes:

Premer para máis información

Ugly Xmas Sweater

O Departamento de Inglés organizou este martes unha variante do Ugly Xmas Sweater Friday.

Tratábase de acudir ao centro cunha prenda de roupa navideña e darlle algo de alegría ao derradeiro día lectivo antes de Nadal. Aquí veredes o resultado.

FELICITACIÓN DE NADAL DO IES TERRA DE SONEIRA

Lecturas recomendadas Nadal 2020

Como xa é tradicional cada vez que temos un período de lecer ofrecémosvos unha selección de obras literarias na nosa lingua que podedes atopar na Biblioteca do centro.

Podedes velas premendo aquí

No Nadal agasalla aos que queres con libros galegos ... e segue os ITINERARIOS LECTORES

Boas Festas!!

Equipo de Normalización Lingüística e Biblioteca do IES Terra de Soneira

RECOLLIDA DE MÁSCARAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DO VALE DE MATERIAL DE FONDO LIBROS

Os pais/nais do alumnado que recibiu vale de material escolar do  fondo solidario de libros de texto poden pasar pola secretaría do centro a recoller as máscaras que lle corresponden segundo a orde do 6 de novembro de 2020.

Información sobre a solicitude de máscaras para o alumnado matriculado na ESO

Hoxe saíu publicado no DOG a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para mercar material escolar no curso 2020/21

O resto do alumnado que non foi beneficiario do vale de adquisición de material escolar poderán presentar a súa solicitude. Para ser beneficiarios das máscaras, teranse en conta os mesmos parámetros de renda que FondoLibros.

O prazo remata o 26 de novembro

INFORMACIÓN PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Prezadas familias:

O Equipo directivo e o Equipo Covid do Centro están a seguir o protocolo establecido polas autoridades sanitarias desde o momento no que recibe a notificación dun caso confirmado positivo.

O protocolo indica que o equipo COVID do Centro, comunica a incidencia de forma inmediata á Xefatura Territorial de Educación e de Sanidade. Será esta última quen determine as medidas a adoptar no Centro e, de ser o caso, contactará coas familias que puideran estar afectadas para indicar o procedemento a seguir.

Os centros educativos temos a obriga de gardar a confidencialidade de posibles afectados e garantir o seu anonimato segundo establece a Lei de Protección de Datos.

 Atte. a Dirección e o Equipo COVID

Bolsas para cursar ensinanzas postobrigatorias no curso 2020-2021

No  BOE  do  8  de  agosto  de 2020 vén  de  publicarse  a  convocatoria  de  bolsas para  os  estudantes  que  no curso  académico 2020-2021 cursen  ensinanzas postobrigatorias, entre  elas 1º e 2º de  bacharelato, Formación Profesional de  grao medio ou  superior  e  Formación Profesional  básica.

A  solicitude  deberase  realizar mediante  o formulario  accesible  por  vía  telemática a  través  da  sede  electrónica na  dirección https://sede.educacion.gob.es ou  en  www.educacionyfp.gob.es

O prazo  de  presentación  de  solicitudes  vai  do 9 de  agosto  ata  o  1 de  outubro.

Neste enlace  atópase toda a  información relativa  a como facer a  solicitude.

Distribuir contido