Iniciar sesión

Boletín de recomendacións de lectura para o nadal

No ficheiro adxunto tedes o boletín de recomendacións de lectura para o nadal que vos propón o equipo da biblioteca do IES Terra de Soneira

Unha semana chea de actividades

O luns 13, fumos con Dani e Natalia aos laboratorios AMSlab en Lugo.

             

 

O martes 14, Ana Penedo e Jose Manuel Caamaño, leváronnos ao Muncyt na Coruña.

            

 

O mércores 16, unha charla de Adecco, preparounos para o futuro.

           

 

O xoves 16 a Unión de Cooperativas Galegas, (Espazo Coop), transmitiunos o emprendimento colaborativo no traballo.

   

 

E hoxe venres, fumos patinar a pista de xeo.

                       

Colgaremos na web, as fotos que fagamos.

                                      

 

 

Que pasa na Costa

Hoxe, enterámonos do Que pasa na Costa.

Ubaldo Cerqueiro vino hoxe ao centro a dar unha charla para informarnos do que fai este medio dixital que cubre a información dos concellos da contorna da Costa da Morte.  

A charla foi moi interesante e amena.

             

 

 

             

Charla da USC

 

  O xoves 2 de decembro, viñeron da USC a darnos información. A charla foi moi proveitosa e interesante.

                                

Danzando baixo a choiva

Hoxe, fomos á Casa da Cultura a danzar. As bailarinas de "Pioneiras", ensináronnos a bailar de maneira "contemporánea"

Despois na Praza, vimos un fragmento da obra que representarán o sábado.

 

    

  

    

 

 

 

 

 

 

 

Video 25 N

 

Video 25N

Eleccións para a renovación do Consello Escolar

O vindeiro mércores 24 de novembro celebraranse eleccións para a renovación do Consello Escolar do IES Terra de Soneira. A continuación detállanse os horarios das votacións dos sectores do Consello Escolar que deben ser renovados:

 

SECTOR ALUMNADO:

8:50 - 13:30

Renovaranse 4 membros. Cada elector pode marcar como máximo 3 candidatos/as na papeleta.

 

SECTOR PROFESORADO:

12:25 - 12:45

Renovaranse 5 membros. Cada elector pode marcar como máximo 4 candidatos/as na papeleta.

 

SECTOR PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS DO ALUMNADO:

16:00 - 19:00

Renovaranse 2 membros. Cada elector pode marcar como máximo 2 candidatos/as na papeleta.

Información sobre a solicitude de máscaras para o alumnado matriculado na ESO

O pasado día 12 de novembro foi publicado no DOG a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para mercar material escolar no curso 2021/22

O resto do alumnado que non foi beneficiario do vale de adquisición de material escolar poderán presentar a súa solicitude. Para ser beneficiarios das máscaras, teranse en conta os mesmos parámetros de renda que FondoLibros.

O prazo remata o 26 de novembro

Dolmens e petroglifos polos nosos andadeiros

O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM), cedeu a súa exposición itinerante sobre o patrimonio megalítico da Costa da Morte, para que poidamos apreciar a riqueza arqueolóxica e patrimonial da nosa terra.

 A Biblioteca do centro xestionou a chegada desta exposición que está composta de oito paneis descritivos das principais antas da bisbarra, moitas delas situadas en Vimianzo. 

Permanecerá no centro ata despois das vacacións do Nadal.

 

   

     

 

Distribuir contido