Iniciar sesión

Charla "Radiación e radioactividade: da enerxía nuclear á imaxe médica" para 3º ESO

O luns 08/11/2021 María José Gómez Calero, física e investigadora do IGFAE, impartiu ao alumnado de 3º ESO do noso centro o obradoiro titulado "Radiación e radioactividade: da enerxía nuclear á imaxe médica". As alumnas e alumnos puideron achegarse máis ao concepto de radiación e, en particular, á radiación ionizante coñecendo a súa presenza na natureza e as súas aplicacións para diagnosticar e tratar doenzas e para producir enerxía eléctrica. Tiveron a oportunidade ademais de observar in situ a medición da radiación emitida por unha fonte radiactiva empregando un contador Geiger

                   

Magosto e Samaín

Hoxe nas dúas últimas horas de clase,  celebramos Magosto e Samaín, fixemos Xogos Tradicionais, asamos castañas e  degustamos sobremesas deliciosas que fixo o alumnado de 4º ESO. O alumnado de Literatura Universal, entregou os premios do Concurso de Relatos Terroríficos. E o alumnado de Teatro, contou historias de moito medo. 

 

        

              

 

Aquí, atopareis as fotos que fixemos.

Magosto Samaín 2021 - Galería do IES Terra de Soneira (xunta.gal)

 

 

Natalia Abelenda e Antón Vázquez achegáronnos ás estrelas

O martes 26 de outubro, as 20.00 horas, Pedro Pablo Campo Díaz do Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago, instalou un telescopio no centro para observar as estrelas.

O Concello apagou as luces do arredor, e viuse claramente Xúpiter e Saturno.

 

                   

 Foi unha Actividade Estelar!!!!!

Eleccións ao Consello Escolar 2021 - Acto público de sorteo dos membros da Xunta electoral

 

O vindeiro mércores 27 de outubro ás 12:25 na aula de Usos Múltiples, terá lugar o acto público de elección da Xunta electoral que rexirá o proceso electoral de renovación parcial dos membros do Consello Escolar do IES Terra de Soneira, segundo a Resolución do 29 de setembro.

No arquivo adxunto podedes consultar o Calendario do devandito proceso electoral. 

Falando de Meigas

O xoves 30 de setembro invitounos o Concello á Casa da Cultura a ver uns documentais sobre a caza de bruxas nos séculos XV a XVII. Despois falamos e debatimos.

 

             

 

           

Títulos recibidos no centro (ESO, BAC e Ciclos)

Xa dispoñemos no centro dos títulos académicos correspondentes ó alumnado que rematou no noso IES os seus estudos (ESO, bacharelato ou ciclos) no ano 2019.

Os interesados/as (non os pais), ou unha persoa que eles autoricen, poden pasar por secretaría para retiralos, identificándose co seu DNI.

A retirada de TÍTULOS poderá facerse mediante un dos seguintes procedementos:
I. O alumno/a interesado, persoalmente, ensinando un documento acreditativo que o identifique (DNI, pasaporte…).
II. Por medio de autorización a outra persoa para que o recolla (asinada polo alumno/a interesado). Neste caso, a persoa autorizada deberá presentar nesta secretaría, cuberta e asinada polo alumno/a, a autorización acompañada de fotocopia do DNI ou pasaporte… do alumno/a. A persoa autorizada deberá así mesmo identificarse ensinando o seu documento correspondente (DNI, pasaporte…).

Visitando Santiago de Cereixo

27 de setembro. O alumnado de Arte de 2º de Bacharelato, visitou a Igresia de Santiago de Cereixo, xoia arquitectónica da Costa da Morte

 

 

                  

                       

Ata pronto Nico!!!!

Hoxe, veu Nico ao centro a despedirse. 

Nunca te esqueceremos.

Moita Sorte!!!!!

Presentacións curso 2021-2022

MÉRCORES 15 DE SETEMBRO

 

 - ESO: 10.00. Aula de Usos múltiples.

- Bacharelato e Formación Profesional: 12:00. Aula de Usos Múltiples.

 

Despois das presentacións, o alumnado deberá dirixirse xunto co seu/súa titor/a á súa aula de referencia.

Haberá servizo de transporte para a entrada e a saída.

 

 

Distribuir contido