Iniciar sesión

Bolsas e axudas para estudos de Bacharelato e Formación Profesional 2021-2022

O vindeiro 30 de setembro finaliza o prazo para a presentación de solicitudes de bolsas e axudas para estudantes de ensino postobrigatorio no curso 2020-2021. Podedes consultar toda a información relativa no seguinte enlace.

 A solicitude deberá realizarse mediante sede electrónica identificándose na mesma mediante sistema Cl@ve (Certificado electrónico, DNI-e, Cl@ve PIN) ou mediante conta de usuario de Sede electrónica.

 

 

Probas Extraordinarias de Setembro Curso 2020 – 2021

As probas extraordinarias da ESO e 1º de Bacharelato, terán lugar os días 1, 2 e 3 de setembro, segundo o calendario seguinte:

MATRÍCULA CURSO 2021/2022

ANTES DE MATRICULARVOS HAI QUE DEVOLVER OS LIBROS PRESTADOS DA BIBLIOTECA

PRAZO DE MATRÍCULA

Do 25 de xuño ao 9 de xullo

O alumnado poderá matricularse nas datas sinaladas na Secretaría do Centro en horario de 9.00 a 14.00

Instrucións para a matrícula

* Pódense descargar todos os impresos nos adxuntos ou cubrilos no propio instituto

Libros para o curso 21-22

Acto de Graduación 2021

Este venres 18, na Casa da Cultura do Concello de Vimianzo, a comunidade educativa do noso centro celebrou a finalización dos estudos do seu alumnado de Bacharelato, CS de Administración e Finanzas e CM de Xestión Administrativa.

 

Fonte: La Voz de Galicia

Proximamente, máis fotos aquí

Lecturas recomendadas verán 2021

   

Este verán déixate guiar polas nosas recomendacións de lectura 

Desde a Biblioteca, o Equipo de Normalización e o Club de Lectura do IES Terra de Soneira,

queremos compartir as novidades deste curso e que están á vosa disposición.

Hai para todos os gustos!

Bo Verán!!

Exposición cultura Castrexa

Os de 1º Eso coordinados polo departamento de Xeografía e Historia, fixeron unha exposición con maquetas sobre a cultura castrexa que poderedes ver no 1º andar do edificio principal. 

Bo traballo!

Visita do novo alumnado 2021/2022

Hoxe o alumnado do Colexio de Baíñas e do Colexio de San Vicenzo estivo con nós, para ver as instalacións e coñecer o centro onde estudarán os vindieros cursos. Benvidos!

Presentación do libro "Identidade" de Nee Barros

Onte estivo con nós, Nee Barros Fernández, presentando o seu libro "Identidade" ao  alumando de 4º de ESO. Ademais estivo na Biblioteca para asinar exemplares do seu libro.

Concurso Literario en Lingua Galega

Estes días podedes comprobar os textos gañadores do XI Concurso Literario en Lingua Galega  deste tradicional concurso do noso centro. Parabéns aos gañadores!

Fondo libros/Axudas material escolar. Curso 2021/22

Prazo presentación solicitudes: 21/05/2021 - 22/06/2021

Orde do 6 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirrir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 21/22 (código de procedemento ED330B).

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DAS SOLICITUDES: 9 DE XULLO

IMPORTANTE: 

Dado que o centro implanta o Proxecto E-Dixgal en 1º da ESO para o curso 2021/22, nese curso non haberá fondo solidario de libros de texto, non obstante, poden solicitar a axuda para adquirir material escolar.

Distribuir contido