Iniciar sesión

Traballo 8M alumnado 2º Ciclo Medio de Xestión Administrativa

O alumnado  de Loli Toja realizou un video para visibilizar os traballos tradicionalmente masculinos feitos por mulleres.

Vai sendo hora de que cambien as cousas!!!!

 

Campionato de Xadrez

Hoxe comenzou o Campionato de Xadrez organizado polo profesor Antón Vázquez.

Un éxito de participación. Os/as gañadores/as, levarán de premio un vale por 30 euros para gastar no comercio local.

  

Semana do Entroido

O próximo venres 25 de febreiro, celebraremos no centro o Entroido. Nas dúas últimas horas lectivas, haberá desfile e concurso de disfraces. A clase ou comparsa gañadora, terá como premio un Sacpe Room de dúas horas que se fará no centro.

Ao longo da semana, participaremos nos Mandadiños do Meco

O luns 21 de febreiro: Vestidos/as dunha mesma cor                             

O martes 22: Tema: Deportes

O mercores 23: Pixamas

O xoves 24: de Gala

O venres 25: Desfile e Concurso     

                                                      

                                                       ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!

" Violencia de xénero no novo contexto dixital"

Hoxe o alumnado de 1º e 4º da ESO, asistiu á Casa da Cultura a un Taller sobre violencia de xénero no contexto dixital.

A información e concienciación deste tema sempre é moi educativo e interesante.

          

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías) organizou hoxe unha Masterclass para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. O evento tivo lugar na Escola Ténica Superior de Enxeñaría da USC  e no que participarán 40 alumnas de distintos institutos de Galicia (só dúas por cada centro). Despois dunhas explicacións teóricas sobre a física de partículas, daráselle a oportunidade ás alumnas de analizar datos reais obtidos no LHC (CERN), que é o acelerador de partículas máis longo e potente do mundo, situado en Xenebra. As alumnas tamén poderán, mediante videoconferencia, discutir e comentar os resultados das súas análises con alumnas doutros países e con investigadores vinculados ó LHC.

      Todo isto foi posible gracias a Daniel Esmorís, profesor de Física e Química. As nosas representantes foron:

                                                  Lucía Roget Blanco e Ariadna Martínez Pasión

                  

Campionato de Xadrez

O profe Antón Vázquez, está preparando un torneo de Xadrez no centro.

Xogarase nos recreos e haberá dúas categorías e cada categoría terá un premio cun vale de 30 euros para gastar no comercio local.

Aínda estás a tempo de apuntarte.

                                                                  

 

 

 

Semana da Ilustración

O Equipo da Biblioteca formado por Chus Barbeira e Rocío Romero, montaron unha exposición nun dos andadeiros do centro, coas ilustracións de Idaira Pérez Castro e Ánxela Gacía Lema.

As ilustracións mostran o talento e potencial destas alumnas

                          

 

       

Campións do Torneo de Bádminton

Valentín Martínez e Isaac Varela son os campións do Torneo de Bádminton organizado polo profesor Antón Vázquez.

Este torneo que se celebra nos recreos, tivo moi boa acollida polo noso alumnado.

Noraboa aos campións.

Axudas alumnado actividades de formación en lingua estranxeiras

Orde do 11 de xaneiro de 2022, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 1 de febreiro e remata o día 28 de febreiro

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

 

Cartel informativo

 

 

Debate Académico Galego na Fundación Barrié

Os/as nosos/as representantes no Debate Académico celebrado onte na sede da Fundación Barrié na Coruña, sairon satisfeitos da experiencia nesta actividade. Se superan a primeira fase do concurso, pasarían á semifinal que se celebrará o día 12 de febreiro.

SORTE!!!!!!

 

      

                 

 

 

         

Distribuir contido