Iniciar sesión

Fin do curso 2021-2022

Hoxe rematamos o curso con moitas actividades. Fixemos teatro, fixemos música, entregamos premios, fixemos a Graduación de 4º ESO. UN DÍA INOLVIDABLE.

Unha presentadora de luxo, uns músicos de primeira, uns/has premiados/as fantásticos, uns actores de "Max"

Os graduados e graduadas elegantísimos/as.

E o mellor público do mundo!!!!!!!

           

    

 

     

 

                                            

 

 Aquí tedes o enlace para ver algunhas das fotos que fixemos

 http://www.edu.xunta.gal/centros/iesterradesoneira/galeria/displayimage.php?album=105&pid=1288#top_display_media

 

 

 

 

Probas de acreditación da competencia lingüística nunha lingua estranxeira

Resolución do 10 de xuño de 2022 pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

O alumnado que no 2022/23 curse 4º ESO, Bacharelato ou FP e que estea interesado en solicitar a axuda para realizar as probas de certificación en inglés (nivel B1, B2 ou C1), debe cubrir o impreso de compromiso individual (dispoñible en conserxaría) e entregalo en Dirección ata o 8 de xullo.

GRADUACIÓN 2022

O sábado 11 de xuño, fixemos a Graduación na Casa da Cultura.

Foi un evento moi emotivo.

               

               

 

  

           

 

      

       

                        

 

           

 

 

  

Calendario de exames da convocatoria extraordinaria de Bacharelato

Achégase documento co calendario de exames da convocatoria extraordinaria de Bacharelato, que se celebrarán entre o día 20 e 22 de xuño.

 

 

Exames convocatoria extraordinaria BAC

Calendario exames finais Ciclos xuño

A Golpes co Teatro

Hoxe asistimos a Casa da Cultura para ver unha representación teatral que nos gopeou o corazón. A actriz, presentadora, pedagoga teatral, guionista, articulista e directora, Estíbaliz Veiga,  fixo un monólogo sobre a violencia e a desigualdade de xénero, exquisito. Non temos que ir lonxe para ver bo teatro.

                           

                

             

Fondo libros/Axudas material escolar. Curso 2022/23

Prazo presentación solicitudes: 19/05/2022 - 22/06/2022

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirrir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 22/23 (código de procedemento ED330B).

Lembrade que se pode tramitar a petición do fondo solidario tanto presencialmente na secretaría do centro como telemáticamente.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DAS SOLICITUDES: 11 DE XULLO

IMPORTANTE: 

Dado que o centro implanta o Proxecto E-Dixgal en 2º da ESO para o curso 2022/23, nese curso non haberá fondo solidario de libros de texto nin en 1º nin en 2º da ESO, non obstante, poden solicitar a axuda para adquirir material escolar.

Campións fútbol 2022

Hoxe rematou o campionato mundial de fútbol mixto organizado por Antón Vázquez, e celebrado nos recreos.

O equipo gañador foi o alumnado de 1º de Bacharelato. Parabéns!!!!!

 

              

 

Distribuir contido